10 feb 2026

UN ENTROIDO DE CINE!

O alumnado de 6º de Educación Primaria celebrou o Entroido cun mural moi especial dedicado ao cine.

Ao longo dos últimos días, os nenos e nenas traballaron con ilusión investigando sobre películas, personaxes míticos e xéneros cinematográficos, deixando voar a súa creatividade.

O resultado é un mural cheo de cor, imaxinación e referencias ao sétimo arte, no que o Entroido e o cine se dan a man.

Unha actividade que combina aprendizaxe, expresión artística e espírito festivo, e que encheu os corredores do centro de maxia e diversión. 🎬🎭

No hay comentarios:

Publicar un comentario