10 feb 2026

FESTIVAL DE ENTROIDO

Ola, ola! 🐭✨

Son Rati, a mascota do CEIP Coirón-Dena, e veño cunha invitación moi especial.

Xa está aquí o Festival de Entroido, un día para rir, bailar e deixarnos levar pola imaxinación.

Haberá disfraces sorprendentes, música e moita, moita alegría.

Anímovos a vir co voso mellor disfrace e con ganas de pasalo en grande.

Vémonos no Entroido… non faltes, que eu xa estou list@ para a festa! 🎭🎉

No hay comentarios:

Publicar un comentario