19 jun 2026

DE FEIRA!

Así despedimos o curso no noso cole! 🌞🎉

Antes do recreo, o centro converteuse nunha auténtica feira chea de diversión: xogos, inchables, burbullas, retos e moitas actividades nas que o alumnado foi conseguindo premios e agasallos grazas ao seu esforzo e participación. 🎈🏆

E para rematar esta xornada tan especial... chegou a esperada festa da espuma! 🤍🎶 Un final perfecto para celebrar todo o vivido ao longo deste curso.

Queremos agradecer especialmente á ANPA a súa colaboración e implicación na organización desta xornada, así como a súa achega para que o alumnado puidese desfrutar dun día tan especial. Moitas grazas polo voso apoio e compromiso co noso cole! 👏😊

Agora toca descansar, gozar da familia, dos amig@s e de todas as aventuras que trae o verán. ☀️🌊🍦

Bo verán a toda a comunidade educativa! Vémonos en setembro con máis ilusión e ganas de aprender!! 💙



PÁXINAS CON SABOR A VERÁN

☀️📚 O verán é un bo momento para descubrir novas historias, viaxar a través das páxinas e atopar libros que nos acompañen durante as vacacións. 🌊🏖️

Visita o blog da nosa biblioteca, onde atoparás información detallada sobre estas e outras recomendacións lectoras para gozar durante as vacacións 📖✨:

👉 https://bibliotecacoiron.blogspot.com/2026/06/recomendacions-lectoras-veran.html

📖 E ti, que libro vas levar na maleta este verán? 🧳📚🌞

18 jun 2026

EMBAIXADORES/AS DA BIBLIOTECA!

Hoxe fixemos entrega dos diplomas ao alumnado de 6º que participou como axudante voluntario da biblioteca durante este curso.

Queremos agradecerlles a súa implicación, responsabilidade e entusiasmo, colaborando na organización dos fondos, na atención aos compañeir@s e na dinamización deste espazo tan importante para o noso centro.

Grazas polo voso compromiso e por contribuír a facer da biblioteca un lugar máis acolledor, activo e cheo de vida. Parabéns polo excelente traballo realizado! 👏📖✨

UN FINAL QUE SABE A COMEZO!

Día de emocións e despedidas no noso centro! ✨🎓

Esta semana celebramos as graduacións do alumnado de 6º de Infantil e 6º de Primaria, dous momentos moi especiais que marcan o final dunha etapa e o comezo de novos retos.

Os máis pequenos despídense da Educación Infantil para iniciar unha nova aventura en Primaria, cheos de ilusión, curiosidade e ganas de aprender.

O alumnado de 6º de Primaria pecha unha etapa inesquecible no colexio e emprende o seu camiño cara á Educación Secundaria, levando consigo amizades, aprendizaxes e moitos recordos.

Parabéns a todas e todos os graduados polo esforzo e o traballo realizado, e grazas ás familias e ao profesorado por acompañalos neste camiño.

💙 Desexámosvos moita sorte nesta nova etapa. O mellor está por vir!





17 jun 2026

RATINOVAS PRESS Nº9

📢📰 Xa está aquí o número 9 de RATINOVAS PRESS! 📰📢

Con moita ilusión presentamos a nova edición do noso xornal escolar, un espazo onde o alumnado se converte en xornalista para informar, investigar e compartir todo o que acontece na nosa comunidade educativa. 

Nesta edición nº 9 atoparedes reportaxes, entrevistas, actividades do centro, curiosidades, opinións e moitas sorpresas preparadas con esforzo e entusiasmo polos nosos pequenos e pequenas reporteiras.

👏 Parabéns a todo o equipo de redacción polo gran traballo realizado!

Ratinovas Press Nº9

📖 Non quedes sen descubrir todo o que trae este novo número!!!


16 jun 2026

TORNEO DE PINFUVOTE

Hoxe o alumnado de 6º de Primaria participou nun divertido torneo de pinfubote, demostrando deportividade, compañeirismo e moitas ganas de pasalo ben 🏃‍♀️🏃‍♂️.

Ademais de participar nos encontros, colaboraron na organización e no bo desenvolvemento da actividade, asumindo responsabilidades e axudando a que todo saíse estupendamente 👏.

Unha xornada chea de deporte, convivencia, cooperación e diversión, na que aprenderon e gozaron xuntos a través do xogo 🤝.

Parabéns a todos e todas pola vosa participación e actitude exemplar!💙

PORTADAS QUE FALAN POR SI SOAS

📖 Xa temos portadas escollidas!

Estamos encantad@s de anunciar que estas son as portadas seleccionadas para a revista. 

Grazas a todas as persoas que participaron coas súas propostas e compartiron a súa creatividade e talento.

✨ Parabéns ás persoas autoras das portadas escollidas.


Portada - Jimena 6ºA


 Contraportada - Bruno 6ºA


                                      Contraportada - Alba 4ºB                                                                    

👏 Grazas tamén a quen enviou os seus traballos e formou parte deste proceso.

Moi pronto poderedes ver o resultado final na nosa revista!! 👀

15 jun 2026

TRES DÍAS DE AVENTURA PARA LEMBRAR!

O alumnado de 6º de Primaria despediu a súa etapa no cole cunha viaxe inesquecible a DiverLanhoso en Portugal ✨

Durante tres días compartiron emocións, risas e desafíos nun entorno natural espectacular, poñendo a proba a súa valentía en actividades de aventura e fortalecendo os lazos de amizade que construíron ao longo destes anos.

Entre pontes, xogos, retos e moitas anécdotas, cada momento converteuse nun recordo especial para gardar na mochila da súa etapa escolar.

Agora toca mirar cara a novos horizontes, pero esta experiencia quedará para sempre como o mellor broche final á súa aventura en Primaria.


Parabéns, promoción de 6º! O mellor da aventura está aínda por chegar! 🌟🎓🚀

MANS Á MASA E FROITA Á MESA

Os nenos e nenas do 1º Ciclo gozaron dunhas xornadas moi especiais participando en obradoiros de elaboración de galletas e preparación de froita 🍪🍎. 

A través destas actividades, aprenderon hábitos de alimentación saudable, desenvolveron a súa creatividade e puxeron en práctica habilidades de autonomía e traballo en equipo.


Foi unha experiencia moi divertida e saborosa na que o alumnado participou con entusiasmo, descubrindo novas texturas, aromas e sabores.

Parabéns a todos e todas polo seu gran traballo!👏

14 jun 2026

O INGLÉS E O GALEGO DANSE A MAN SOBRE O ESCENARIO

Tivemos o privilexio de recibir a compañía Moving On Theatre e tamén de desfrutar de Damián Alonso, acompañado da música de Moisés Lorenzo ✨.

Porque o teatro non entende de idiomas, entende de emocións, historias compartidas e experiencias que unen. Unha actividade na que o inglés e o galego conviven con naturalidade para demostrar que aprender linguas tamén é crear, sentir e comunicar.

Grazas por facernos vivir unha xornada chea de arte, música e aprendizaxe 🎶🎭.


O GALEGO SAE A RÚA!

📣 O alumnado do 3º ciclo percorreu as rúas e os establecementos de Dena para colocar as pegatinas de “AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO!”.

Unha iniciativa chea de compromiso coa nosa lingua, que visibiliza e pon en valor o uso do galego no día a día da nosa contorna. 💙

Parabéns ao alumnado polo seu traballo e implicación! 👏

13 jun 2026

APRENDENDO AO RITMO DAS ONDAS

O alumnado de 5º de Primaria gozou dunha magnífica xornada na Praia de Montalvo, combinando aprendizaxe, convivencia e diversión nun entorno natural privilexiado. 🏖️

Ao longo da mañá realizaron diferentes actividades ao aire libre, fomentando o respecto polo medio ambiente, o traballo en equipo e os hábitos de vida saudables 🌞🌊.

Unha experiencia enriquecedora que quedará, sen dúbida, no recordo de todos e todas. 💙

LECTURA E FAMILIAS!

Durante as tardes, a biblioteca acolleu ao longo de varias sesións distintas actividades do programa Lectura e Familias, converténdose nun espazo de encontro da comunidade educativa onde compartir lectura, creatividade e aprendizaxes. 💙

📖 Infantil e 1º Ciclo – Contacontos
O alumnado máis pequeno gozou de historias cheas de maxia e imaxinación, fomentando o gusto pola lectura desde idades temperás nun ambiente lúdico e participativo. 🌈

✍️ 2º Ciclo – Lettering
Traballaron a creatividade e a expresión artística a través do deseño de letras, descubrindo novas formas de xogar coas palabras e mellorar a súa motricidade fina. 🎨📖

https://www.instagram.com/p/DYWoLUojPKJ/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

🎙️ 3º Ciclo – Dobraxe
Experimentaron co mundo da interpretación poñendo voz a personaxes e escenas, desenvolvendo a expresión oral, a entoación e a confianza comunicativa. 🎧🎬

https://www.instagram.com/p/DZKHoQXDKtI/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

Un programa que une lectura, familias e comunidade, facendo da biblioteca un espazo vivo de aprendizaxe compartida. 💫

12 jun 2026

A FORZA DO VENTO E DAS PEDALADAS

🌍Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), o alumnado sorprendeunos cunha maqueta tan orixinal como inspiradora sobre as enerxías renovables. 

A través da súa creatividade, esforzo e traballo en equipo, deron forma a unha proposta que nos invita a reflexionar sobre a importancia de apostar por fontes de enerxía limpas e sostibles para coidar o noso planeta. 💡♻️

Parabéns polo magnífico traballo realizado e por demostrar que as pequenas ideas de hoxe poden converterse nas grandes solucións do mañá. 🌱✨

E para pechar este gran día, puxémonos sobre rodas! 🚴‍♀️🚴‍♂️ Os nenos e nenas desfrutaron dun divertido circuíto de educación viaria en bicicleta, combinando aprendizaxe, habilidade e moita diversión.¡

DA AULA Á CABINA!

O alumnado de 6º de Primaria viviu unha experiencia única participando nun obradoiro de DJ, onde puideron achegarse ao mundo da música electrónica dun xeito práctico e moi divertido.

Aprenderon a mesturar sons, coñecer o equipamento básico dun/a DJ e experimentar coa creatividade musical, converténdose por un día en auténticos/as mestres/as da cabina. 🎶

Grazas a esta actividade, descubriron novas formas de expresión artística e traballo en equipo, desfrutando mentres aprendían.

Unha xornada chea de ritmo, aprendizaxe e moita enerxía positiva! 👏 


11 jun 2026

PDI 1º CICLO

🎨 A arte converteuse na protagonista das aprendizaxes do alumnado de 1.º Ciclo a través dun Proxecto Documental Integrado (PDI) centrado na pintura e na expresión artística.

Ao longo deste proxecto coñecemos a vida e a obra de diferentes artistas, analizamos obras de arte, exploramos cores e técnicas pictóricas e desenvolvemos a nosa creatividade a través de creacións propias 🖼️.

🔎 Traballamos en tres contextos de aprendizaxe:

📖 Lingüístico, investigando e compartindo información;
Matemático, observando formas, simetrías e composicións;
🔬 Científico, experimentando con materiais e técnicas artísticas.

Un proxecto que nos permitiu aprender, crear e descubrir a arte como unha forma de expresar ideas, emocións e experiencias. 🎨❤️












7 jun 2026

AVENTURA MARIÑEIRA EN CAMBADOS!

O alumnado de Infantil gozou dunha xornada moi especial en Cambados, descubrindo de primeira man o fascinante mundo do marisqueo. Equipados con botas e moitas ganas de aprender, coñeceron como traballan as mariscadoras e mariscadores, exploraron a praia e aprenderon a importancia de coidar o noso litoral. 🦀

Foi unha experiencia chea de aprendizaxes, diversión e contacto coa natureza, na que puideron observar, experimentar e descubrir unha das actividades máis representativas da nosa costa🌊

Grazas a todas as persoas que fixeron posible esta saída tan enriquecedora! 💙


OS SEGREDOS DA ILLA DE CORTEGADA

O alumnado do 2º Ciclo  (3º e 4º  de Primaria) viviu unha experiencia inesquecible na saída educativa á Illa de Cortegada.

Durante a xornada, o alumnado realizou o traslado en embarcación ata a illa, onde participou nunha actividade de carácter didáctico e ambiental centrada no coñecemento da contorna natural. 🐦🌱

A través de percorridos guiados e dinámicas adaptadas á súa idade, descubriron:

Os ecosistemas mariños e terrestres da illa.
A riqueza da biodiversidade da Ría de Arousa.
A importancia da conservación dos espazos naturais.
O valor do patrimonio natural de Galicia.

Un día de aprendizaxe ao aire libre que combinou natureza, convivencia e descubrimento, favorecendo a educación ambiental dun xeito práctico e motivador. 🌍💚