7 jun 2026

AVENTURA MARIÑEIRA EN CAMBADOS!

O alumnado de Infantil gozou dunha xornada moi especial en Cambados, descubrindo de primeira man o fascinante mundo do marisqueo. Equipados con botas e moitas ganas de aprender, coñeceron como traballan as mariscadoras e mariscadores, exploraron a praia e aprenderon a importancia de coidar o noso litoral. 🦀

Foi unha experiencia chea de aprendizaxes, diversión e contacto coa natureza, na que puideron observar, experimentar e descubrir unha das actividades máis representativas da nosa costa🌊

Grazas a todas as persoas que fixeron posible esta saída tan enriquecedora! 💙


OS SEGREDOS DA ILLA DE CORTEGADA

O alumnado do 2º Ciclo  (3º e 4º  de Primaria) viviu unha experiencia inesquecible na saída educativa á Illa de Cortegada.

Durante a xornada, o alumnado realizou o traslado en embarcación ata a illa, onde participou nunha actividade de carácter didáctico e ambiental centrada no coñecemento da contorna natural. 🐦🌱

A través de percorridos guiados e dinámicas adaptadas á súa idade, descubriron:

Os ecosistemas mariños e terrestres da illa.
A riqueza da biodiversidade da Ría de Arousa.
A importancia da conservación dos espazos naturais.
O valor do patrimonio natural de Galicia.

Un día de aprendizaxe ao aire libre que combinou natureza, convivencia e descubrimento, favorecendo a educación ambiental dun xeito práctico e motivador. 🌍💚










1 jun 2026

APRENDENDO VALORES, CONSTRUÍNDO FUTURO

O alumnado de 6º de Primaria compartiu os traballos realizados na materia de Valores, nos que reflexionou sobre temas tan importantes como a amizade, a prevención do acoso escolar, o uso responsable das TIC ou o coidado do medio ambiente.  💻🌱

A través da súa creatividade e das súas investigacións, demostraron que os valores non só se aprenden, senón que tamén se practican cada día. Unha mostra do seu compromiso por construír unha convivencia máis respectuosa, segura e sostible .

Aprendemos contidos, pero tamén aprendemos a convivir e a construír un mundo mellor. 🌍🤝💚


PROPOSTAS MUSICAIS XUÑO

 📢 E aquí chega a última megafonía deste curso, a de xuño! Cheira a praia, a sol e a verán! 🌊🌞

👉 Preme ou escanea o QR para acceder á nosa listaxe en Spotify 🎵

As cancións son propostas polo noso alumnado, xa que no Coirón queremos que todos os nenos e nenas se sintan escoitados e protagonistas da vida do centro. 👪

Iso si, o profesorado realizará as adaptacións necesarias para garantir o seu valor educativo: axustando letras, seleccionando fragmentos axeitados, e aproveitando especialmente a súa melodía e o seu ritmo.

A música é unha ferramenta moi poderosa que une toda a comunidade educativa e que favorece a aprendizaxe dun xeito lúdico e motivador.🎵🎶

BOSQUE E IDENTIDADE

Entre a néboa e a choiva medran os nosos bosques atlánticos: carballos, castiñeiros, bidueiros... que dan vida a un ecosistema único 🌿 .

Pero especies invasoras como o Eucalipto azul ou a Acacia dealbata avanzan cada vez máis rápido, desprazando o bosque autóctono.

Coidar das especies propias é protexer a biodiversidade, a auga, a terra… e tamén unha parte da nosa identidade 🌱.

Queremos expresar o noso agradecemento ao Concello de Meaño por facer posible esta actividade e apoiar a educación ambiental!