15 nov 2013

MAGOSTO 2013

Mentres se asaban as castañas participamos nos xogos tradicionais distribuídos polo patio. A continuación, fixemos un baile e cantamos unha canción todos xuntos. Finalmente, degustamos as castañas.


PRENSA - ESCOLA

O alumnado do 3º ciclo traballa este curso no programa de Prensa - Escola a través do xornal de " La Voz de Galicia".

7 nov 2013

VISITA VIRTUAL ILLA DE SÁLVORA

Os alumnos/as de 6ºB elaboran unha visita virtual pola Illa de Sálvora.

ILLA DE SÁLVORA

Este curso desde Normalización Lingüística traballamos no proxecto "Creamos en galego". Cada ciclo traballará sobre unha paisaxe típica galega. 
Os alumnos/as de 6ºB investigan sobre a Illa de Sálvora e os seus arredores.

5 nov 2013

SAMAÍN 2013

Un ano máis celebramos o Samaín co tradicional concurso de cabazas.