11 nov 2011

RESUMO DAS ACTIVIDADES DO EDNL. CURSO 2010/2011

ACTIVIDADE 1: DEFENDO O GALEGO. 

Esta actividade consistiu en facer un concurso dentro do colexio no que, traballando o anuncio a través do cartel publicitario, elaboramos carteis nos que se intentou convencer ós receptores das mensaxes publicitarias da importancia que ten para os galegos a súa lingua. Esta actividade foi desenvolvida polo alumnado coa axuda da súa familia no seu fogar. Tivo un gran éxito de participación e de calidade. Tivemos que facer unha selección dos carteis máis fermosos e cos restantes fixemos unhas encuadernacións para que todo o alumnado puidese ver o seu traballo exposto na entrada do colexio. Así quedou a exposición.


ACTIVIDADE 2: PINTAR GALICIA.

Esta actividade consistiu en pintar costumes típicas galegas, lugares de galicia, tradicións.... vinculando así a expresión plástica coa identidade do noso pobo e facerlles ver ó alumnado que o noso idioma é tan noso como as realidades que nos caracterizan. Unha vez rematada esta actividade fixemos unha exposición no centro co mesmo título seleccionando as “obras” máis fermosas. Así quedou.



ACTIVIDADE 3 : AS PANXOLIÑAS GALEGAS E TEATRO NADAL.

No festival de Nadal e co compromiso e axuda do profesor de Música cada grupo de alumnos escenificou ou cantou unha panxoliña en galego no salón de actuacións para animar estas datas. Tamén contamos coa participación do curso de 4ºA para representar unha graciosa obra sobre a figura de Papa Noel e os seus axudantes, os trasnos, que se posicionaron en folga de traballo e levaron ó Papa Noel a xuizo polos abusos que comete. A obra titulouse: O rock de Papá Noel.

Para ver a panxoliña, aquí.                                    Para ver o teatro de Nadal, aquí

ACTIVIDADE 4 : NAMORAMOS EN GALEGO.
No curso 2008/2009 iniciouse unha actividade polo día de San Valentín, que tivo continuidade no presente curso. Como se fixera o ano anterior, colocáronse dúas caixas de correos en forma de corazóns, unha na porta pola que saen o 1º e 2º ciclo e outra na porta de saída de Educación Infantil e 3º ciclo, para que o alumnado do colexio deixara as cartas que querían enviar, sabendo que estas debían estar escritas en lingua galega e que ían ser revisadas para evitar comentarios ofensivos ou desagradables cara outros compañeiros ou compañeiras. As caixas de correos estiveron colocadas unha semana, sendo o xoves o día no que se sacaron as cartas á última hora da mañá e repartíronse o venres. O número de cartas que se escribiron foi moi elevado, pero xa se esperaba isto xa que a celebración do San Valentín inspira moito aos rapaces/as destas idades.



ACTIVIDADE 5 : A MIÑA FOTO GALEGA. 

Esta actividade contou coa colaboración das familias do alumnado e consistiu en pedirlle ó alumnado que nos trouxeran unha fotografía (en formato dixital ou físico) dun lugar de Galicia que visitaron na que eles aparecesen co nome de dito lugar. Con tódalas fotografías que traia o alumnado fixemos unha exposición na entrada do colexio. Así quedou.


ACTIVIDADE 6 : ANÍMATE A LER - OBRADOIROS DE ANIMACIÓN Á LECTURA.
Animación á lectura en galego mediante contacontos realizados polo propio alumnado do centro, polos pais e nais e polos propios mestres e mestras.


ACTIVIDADE 7 : O XORNAL ESCOLAR (anual).
Ao longo deste curso seguimos coa actividade iniciada anos pasados de elaboración dun xornal escolar por cada trimestre coa idea de ir resumindo os principais acontecementos que ía vivindo o noso centro e continuar co proceso de fomento da lingua galega no centro educativo a través dun traballo de colaboración e cooperación tanto a nivel docente como discente.


Para ver os xornais, visitar o enlace sito no menú da dereita: REVISTA ESCOLAR

ACTIVIDADE 8: RAPEO EN GALEGO.
Esta foi a actividade que máis éxito acadou de todo o curso escolar 2009/2010 e tamén o foi deste curso. Sinceramente estivo xenial, creativa e participativa. Ó alumnado encántalle esta actividade xa que preparala e moi laborioso, xa que require, ademais do ENDL, do traballo dos titores, do Equipo de Integración das TIC, do mestre de Música e, por suposto, dos nenos e nenas da etapa de Primaria. Os nenos e nenas de Educación Infantil non participaron xa que se considerou que era unha actividade difícil para alumnos tan pequenos, pero esperamos que o vindeiro ano poidan participar dalgunha outra maneira.
A actividade realizouse por nivel, co cal os titores escolleron conxuntamente un texto (un conto, un poema…) e xunto co mestre da área de Música crearon unha canción, á que posteriormente se lles puxo o son. Os nenos e nenas aprenderon as cancións e a coreografía para logo participar no concurso de rap “Hip- hopeo en galego”.
A segunda parte da actividade foi a realización de presentacións para poñer de fondo no festival, para o cal o Equipo de Integración das TIC nos deu unha pequena explicación de cómo utilizar o programa de Fotos Narradas 3 para Windows. Así cada grupo- clase co seu titor/a elaborou a presentación que considerou oportuna, deixando que foran os alumnos/as os que elixiran as imaxes.

Un dos aspectos máis importantes desta actividade, ademais do éxito acadade entre o alumnado, foi a implicación de todo o profesorado, tanto en tempo de adicación coma en motivación.
Para ver un dos rap, fai clic aquí ou nos seguintes enlaces:

ACTIVIDADE 8: O MAIO TEATREIRO.
Por cuarto ano consecutivo, na semana do 17 de maio, celebráronse as Letras Galegas facendo representacións teatrais en galego. As obras representáronse nos mércores e xoves das dúas últimas semanas do mes de Maio.
Cada aula encargouse de preparar unha representación teatral en lingua galega. Foi un éxito rotundo con obras divertidas, serias, ben montadas, con bonitos vestiarios...etc.
Para ver unha das actuacións, fai clic aquí.

ACTIVIDADE 9: O CORTO PUBLICITARIO
A actividade consistiu na creación dun corto ou dun anuncio publicitario en formato vídeo no que o alumnado utilizou a lingua galega para concienciarnos da importancia da utilización da nosa lingua. A comisión de TICS e a de audio e video colaborou  cos titores no manexo das ferramentas audiovisuais necesarias.

Para ver os cortos publicitarios, fai clic aquí.

ACTIVIDADE 10: PRESENTACIÓN E EXPOSICIÓN SOBRE A VIDA E OBRA DE LOIS PEREIRO. 

 A exposición estivo presente durante a actividade do Maio Teatreiro e a presentación elaborouse coa finalidade de introducir o festival do teatro antedito introducindo ó alumnado na vida e obra do autor a través dun percorrido vital e da lectura dalgúns poemas por parte de dúas alumnas do centro onde se precibía con claridade a temática que Lois traballaba nos seus textos poéticos

Para ver a presentación e a lectura dos poemas, fai clic aquí.