19 jun 2026

DE FEIRA!

Así despedimos o curso no noso cole! 🌞🎉

Antes do recreo, o centro converteuse nunha auténtica feira chea de diversión: xogos, inchables, burbullas, retos e moitas actividades nas que o alumnado foi conseguindo premios e agasallos grazas ao seu esforzo e participación. 🎈🏆

E para rematar esta xornada tan especial... chegou a esperada festa da espuma! 🤍🎶 Un final perfecto para celebrar todo o vivido ao longo deste curso.

Queremos agradecer especialmente á ANPA a súa colaboración e implicación na organización desta xornada, así como a súa achega para que o alumnado puidese desfrutar dun día tan especial. Moitas grazas polo voso apoio e compromiso co noso cole! 👏😊

Agora toca descansar, gozar da familia, dos amig@s e de todas as aventuras que trae o verán. ☀️🌊🍦

Bo verán a toda a comunidade educativa! Vémonos en setembro con máis ilusión e ganas de aprender!! 💙



PÁXINAS CON SABOR A VERÁN

☀️📚 O verán é un bo momento para descubrir novas historias, viaxar a través das páxinas e atopar libros que nos acompañen durante as vacacións. 🌊🏖️

Visita o blog da nosa biblioteca, onde atoparás información detallada sobre estas e outras recomendacións lectoras para gozar durante as vacacións 📖✨:

👉 https://bibliotecacoiron.blogspot.com/2026/06/recomendacions-lectoras-veran.html

📖 E ti, que libro vas levar na maleta este verán? 🧳📚🌞

18 jun 2026

EMBAIXADORES/AS DA BIBLIOTECA!

Hoxe fixemos entrega dos diplomas ao alumnado de 6º que participou como axudante voluntario da biblioteca durante este curso.

Queremos agradecerlles a súa implicación, responsabilidade e entusiasmo, colaborando na organización dos fondos, na atención aos compañeir@s e na dinamización deste espazo tan importante para o noso centro.

Grazas polo voso compromiso e por contribuír a facer da biblioteca un lugar máis acolledor, activo e cheo de vida. Parabéns polo excelente traballo realizado! 👏📖✨

UN FINAL QUE SABE A COMEZO!

Día de emocións e despedidas no noso centro! ✨🎓

Esta semana celebramos as graduacións do alumnado de 6º de Infantil e 6º de Primaria, dous momentos moi especiais que marcan o final dunha etapa e o comezo de novos retos.

Os máis pequenos despídense da Educación Infantil para iniciar unha nova aventura en Primaria, cheos de ilusión, curiosidade e ganas de aprender.

O alumnado de 6º de Primaria pecha unha etapa inesquecible no colexio e emprende o seu camiño cara á Educación Secundaria, levando consigo amizades, aprendizaxes e moitos recordos.

Parabéns a todas e todos os graduados polo esforzo e o traballo realizado, e grazas ás familias e ao profesorado por acompañalos neste camiño.

💙 Desexámosvos moita sorte nesta nova etapa. O mellor está por vir!





17 jun 2026

RATINOVAS PRESS Nº9

📢📰 Xa está aquí o número 9 de RATINOVAS PRESS! 📰📢

Con moita ilusión presentamos a nova edición do noso xornal escolar, un espazo onde o alumnado se converte en xornalista para informar, investigar e compartir todo o que acontece na nosa comunidade educativa. 

Nesta edición nº 9 atoparedes reportaxes, entrevistas, actividades do centro, curiosidades, opinións e moitas sorpresas preparadas con esforzo e entusiasmo polos nosos pequenos e pequenas reporteiras.

👏 Parabéns a todo o equipo de redacción polo gran traballo realizado!

Ratinovas Press Nº9

📖 Non quedes sen descubrir todo o que trae este novo número!!!


16 jun 2026

TORNEO DE PINFUVOTE

Hoxe o alumnado de 6º de Primaria participou nun divertido torneo de pinfubote, demostrando deportividade, compañeirismo e moitas ganas de pasalo ben 🏃‍♀️🏃‍♂️.

Ademais de participar nos encontros, colaboraron na organización e no bo desenvolvemento da actividade, asumindo responsabilidades e axudando a que todo saíse estupendamente 👏.

Unha xornada chea de deporte, convivencia, cooperación e diversión, na que aprenderon e gozaron xuntos a través do xogo 🤝.

Parabéns a todos e todas pola vosa participación e actitude exemplar!💙

PORTADAS QUE FALAN POR SI SOAS

📖 Xa temos portadas escollidas!

Estamos encantad@s de anunciar que estas son as portadas seleccionadas para a revista. 

Grazas a todas as persoas que participaron coas súas propostas e compartiron a súa creatividade e talento.

✨ Parabéns ás persoas autoras das portadas escollidas.


Portada - Jimena 6ºA


 Contraportada - Bruno 6ºA


                                      Contraportada - Alba 4ºB                                                                    

👏 Grazas tamén a quen enviou os seus traballos e formou parte deste proceso.

Moi pronto poderedes ver o resultado final na nosa revista!! 👀