11 jun 2026

PDI 1º CICLO

🎨 A arte converteuse na protagonista das aprendizaxes do alumnado de 1.º Ciclo a través dun Proxecto Documental Integrado (PDI) centrado na pintura e na expresión artística.

Ao longo deste proxecto coñecemos a vida e a obra de diferentes artistas, analizamos obras de arte, exploramos cores e técnicas pictóricas e desenvolvemos a nosa creatividade a través de creacións propias 🖼️.

🔎 Traballamos en tres contextos de aprendizaxe:

📖 Lingüístico, investigando e compartindo información;
Matemático, observando formas, simetrías e composicións;
🔬 Científico, experimentando con materiais e técnicas artísticas.

Un proxecto que nos permite aprender, crear e descubrir a arte como unha forma de expresar ideas, emocións e experiencias. 🎨❤️












No hay comentarios:

Publicar un comentario