16 may 2012

O CEIP Coirón Dena participa no concurso "NÓS TAMEN CREAMOS".

Mestres/as do CEIP Coirón Dena remataron o traballo de elaboración de curtas de animación de cara á participación no concurso "Nós tamén creamos" que organizan a Consellería de Educación e a Editorial OQO.

O traballo consistiu en elexir un conto que nos facilitaba dita editorial e intentar, a través de técnicas "Stop Motion" de animación, crear un pequeno filme dese conto.

O papel do alumnado foi o de traballar as personaxes a través de plastilina, practicar unha minianimación na aula e finalmente utilizar as súas voces para a narración do conto.
Para acceder e visualizar de todas animacións presentadas será necesario acceder á páxina de contidos infantís da CRTVG.


NAVEGA CARACOL. Nivel: Educación Primaria




QUÉ SUSTO! Nivel: Educación Infantil



LETRAS GALEGAS 2012

Este ano para traballar as letras galegas fixemos entre todos uns murais da vida e obra do autor. Pódense ver nos corredores do cole.

15 may 2012

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO RAPEANDO CONTOS

Co motivo da celebración do día do libro, no CEIP Coirón Dena elaboramos unhas presentacións moi animadas nas que se contan contos en forma de RAP.
Os traballos foron elaboracións propias de todo o alumnado do centro.

A continuación podedes disfrutar das presentacións, dos rapeos e do traballo do alumnado:

  • Educación Infantil: Canción dos alimentos.



  • de Educación Primaria: Once damas atrevidas.
  •  
     
  • 2º de Educación Primaria: A qué sabe a lúa?
  •  
     
  • 3º de Educación Primaria: O sultán e os ratos.
  •  
     
  • 4º de Educación Primaria: Cocorico.
  •  
     
  • 5º de Educación Primaria: A toupiña que quería saber quén lle fixera aquilo na cabeza.
  •  
     
  • 6º de Educación Primaria: Caldo de pedra.