16 may 2012

O CEIP Coirón Dena participa no concurso "NÓS TAMEN CREAMOS".

Mestres/as do CEIP Coirón Dena remataron o traballo de elaboración de curtas de animación de cara á participación no concurso "Nós tamén creamos" que organizan a Consellería de Educación e a Editorial OQO.

O traballo consistiu en elexir un conto que nos facilitaba dita editorial e intentar, a través de técnicas "Stop Motion" de animación, crear un pequeno filme dese conto.

O papel do alumnado foi o de traballar as personaxes a través de plastilina, practicar unha minianimación na aula e finalmente utilizar as súas voces para a narración do conto.
Para acceder e visualizar de todas animacións presentadas será necesario acceder á páxina de contidos infantís da CRTVG.


NAVEGA CARACOL. Nivel: Educación Primaria




QUÉ SUSTO! Nivel: Educación Infantil



No hay comentarios:

Publicar un comentario