29 abr 2026

GARDIÁNS DO HORTO

No horto escolar apareceron novos habitantes… feitos con roupa vella, paus e moita imaxinación! O alumnado de 6º deu vida a espantallos únicos, cheos de personalidade e creatividade.

Cada un conta unha historia, cada un coida un anaco de terra. Non só espantan paxaros, tamén fan sorrir a quen pasa.

Entre sementes e ilusións, medra algo máis que plantas: medra o traballo en equipo, o respecto pola natureza e a capacidade de crear con pouco.

Os nosos cultivos xa teñen gardiáns… e ben especiais! 🌱







28 abr 2026

DÍA DA SAÚDE

O 7 de abril foi o Día da Saúde 🏃‍♀️.

Un ano máis, para conmemoralo, realizamos unha xornada multideportiva no Campo de Fútbol das Cachizas de Dena, na que desfrutaron alumnado, profesorado e familias 👪.

Ao longo da xornada compartimos diferentes actividades físicas e momentos de convivencia, fomentando hábitos de vida saudables e o traballo en equipo 🎾🎯🏀.

Este tipo de iniciativas permiten reforzar a importancia da actividade física e da saúde no día a día da nosa comunidade educativa ✨.

Seguimos avanzando para conseguir un cole máis saudable! 💚

12 abr 2026

CONSTRUÍNDO BENESTAR

Aprendendo a sentir, respectar e convivir! ✨ O pasado martes, o noso colexio encheuse de reflexión, diálogo e aprendizaxe grazas aos obradoiros de educación afectivo-sexual da man de Anacos educativos, nos que participou todo o alumnado, con propostas adaptadas a cada etapa.

Foron espazos para falar, escoitar e medrar, nos que se traballaron valores como o respecto, a autoestima, a diversidade e a importancia de construír relacións saudables.

Seguimos avanzando xunt@s na educación integral do noso alumnado. Grazas por formar parte! 💜