Aprendendo a sentir, respectar e convivir! ✨ O pasado martes, o noso colexio encheuse de reflexión, diálogo e aprendizaxe grazas aos obradoiros de educación afectivo-sexual da man de Anacos educativos, nos que participou todo o alumnado, con propostas adaptadas a cada etapa.
Foron espazos para falar, escoitar e
medrar, nos que se traballaron valores como o respecto, a autoestima, a
diversidade e a importancia de construír relacións saudables.
Seguimos avanzando xunt@s na educación integral do noso alumnado. Grazas por formar parte! 💜
No hay comentarios:
Publicar un comentario