30 mar 2026

EN GALICIA HAI MOITA ARTE!

O vindeiro 1 de abril é o Día das Artes Galegas 🎨.

Este ano 2026 adícanselle ao fotógrafo José Suárez.

Para conmemorar este día, realizaremos a nosa propia exposición de fotografía! 📷

A temática é libre e as fotos deben ser o máis creativas posibles.

Anímate e participa! ✨



Estamos emocionado@s de compartir con tod@s vós o resultado final da nosa exposición fotográfica!! 👀📷

A entrada principal do noso centro transformouse nunha auténtica galería de imaxes e recordos! 💫

Parabéns a todo o alumnado pola súa participación e creatividade! Sodes tod@s uns artistas!! 🎨

E por suposto, moitísimas grazas ás familias pola vosa colaboración! Sen vós, non sería posible 💞.

Traballaaazo!!! ✨

No hay comentarios:

Publicar un comentario