O alumnado de 6º de Primaria viviu unha experiencia única participando nun obradoiro de DJ, onde puideron achegarse ao mundo da música electrónica dun xeito práctico e moi divertido.
Aprenderon a mesturar sons, coñecer o equipamento básico dun/a DJ e experimentar coa creatividade musical, converténdose por un día en auténticos/as mestres/as da cabina. 🎶
Grazas a esta actividade, descubriron novas
formas de expresión artística e traballo en equipo, desfrutando mentres
aprendían.
Unha xornada
chea de ritmo, aprendizaxe e moita enerxía positiva!



No hay comentarios:
Publicar un comentario