🌍Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), o alumnado sorprendeunos cunha maqueta tan orixinal como inspiradora sobre as enerxías renovables.
A través da súa creatividade, esforzo e traballo en equipo, deron forma a unha proposta que nos invita a reflexionar sobre a importancia de apostar por fontes de enerxía limpas e sostibles para coidar o noso planeta. 💡♻️
Parabéns polo magnífico traballo realizado e por demostrar que as pequenas ideas de hoxe poden converterse nas grandes solucións do mañá. 🌱✨
E para pechar este gran día, puxémonos sobre rodas! 🚴♀️🚴♂️ Os nenos e nenas desfrutaron dun divertido circuíto de educación viaria en bicicleta, combinando aprendizaxe, habilidade e moita diversión.¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario