9 feb 2026

PDI 3º CICLO

🏛️🗿 Benvid@s á EXPOARTE! 🏛️🗿 A exposición de Arquitectura e Escultura do 3º Ciclo de Primaria!!

Durante os meses de decembro e xaneiro o alumnado do 3º Ciclo estivo aprendendo sobre estas “artes do deseño”, plasmando os seus coñecementos nas obras arquitectónicas que foron expostas con gran ilusión ✨.

Todo o alumnado do colexio puido visitar esta fantástica exposición, accedendo cos seus tickets como auténticos visitantes dun museo 🎟️👀.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria foi o gran protagonista, facendo de guía e compartindo os seus coñecementos sobre arquitectura e escultura 🧠. Co apoio de fichas técnicas e presentacións, explicaron datos, curiosidades e características das distintas obras 👏.

Unha experiencia cultural, educativa e moi enriquecedora para toda a comunidade educativa 💫.

No hay comentarios:

Publicar un comentario