🎭📚 Mandadiños do Meco! 📚🎭
No noso colexio tamén se viven os mandatos do
Entroido: disfraces creativos e moitas ganas de pasalo ben!! 🎨🎶
Unha tradición que nos permite aprender,
compartir e celebrar xuntos, enchendo os corredores de cor, risas e o espírito
do entroido. Porque o Entroido tamén é cultura, convivencia e comunidade ❤️
Grazas a todo o alumnado e profesorado por facer
posible esta festa tan especial. Viva o
Entroido! 🥳✨
Aproveitámolas ademais para traballar vocabulario típico destas datas e incidir en erros comúns:
❌ disfraz ✅ disfrace
❌ delantal ✅ mandil, cinguidoiro, lenlla, mantela ou mantelo
❌ antifaz ✅ careta, máscara ou anteface
Así como, as personaxes do Entroido Galego!
No hay comentarios:
Publicar un comentario