10 feb 2026

PROPOSTAS MUSICAIS FEBREIRO

Febreiro soa a Entroido!!!! 🎭

Este mes chega cargado de ritmo, disfraces e moita retranca.

O Entroido non só se vive nas rúas, tamén se escoita no noso cole, e este mes as propostas musicais xiran arredor da festa máis irreverente do ano.

Concertos cheos de humor, coplas satíricas, batucadas, charangas e músicas tradicionais mestúranse con sons actuais para poñer banda sonora á troula.

É tempo de rir, bailar e celebrar sen complexos, deixando que a música marque o paso entre comparsas e máscaras.

Porque en febreiro, cando manda o Entroido, a festa tamén se canta!!! 🎶

(Pincha ou escanea o QR para acceder á nosa listaxe en Spotify)

No hay comentarios:

Publicar un comentario