No 3º Ciclo estamos a vivir unha experiencia chea de talento, emoción e moitas ganas de sorprender: comezou o noso Got Talent na materia de Contextos! 🎤✨
As primeiras audicións xa nos deixaron momentos
inesquecibles: música, baile, humor… e, sobre todo, moita creatividade. Cada
actuación foi unha mostra do esforzo e da ilusión que hai detrás de cada
participante.
Pero isto non fixo máis que comezar. Aínda queda
moito camiño por percorrer e grandes sorpresas por descubrir. O seguinte paso?
A esperada Semifinal, onde o nivel subirá e a emoción estará máis presente ca
nunca.
Seguimos! 💫
No hay comentarios:
Publicar un comentario