Esta semana tivemos a sorte de recibir a visita da Garda Civil dentro das actividades do Plan Director 👮💚.
Durante a
xornada, o alumnado puido coñecer de preto o importante labor que realizan no
seu día a día, descubrindo diferentes funcións e ámbitos nos que traballan para
garantir a seguridade e o benestar da cidadanía 💫.
Ademais, amosáronnos parte do material e dos
recursos que empregan no seu traballo, espertando unha gran curiosidade e
interese entre os nenos e nenas.
Nesta xornada tamén compartimos experiencias co
CEIP Plurilingüe Nantes e co CEIP Plurilingüe de Castrelo, cos que desfrutamos dunha mañá de
aprendizaxe e convivencia.
Queremos agradecer á Garda Civil a súa cercanía
e disposición. Sen dúbida, foi unha xornada educativa moi útil
e interesante para toda a comunidade escolar! 👪










No hay comentarios:
Publicar un comentario