O alumnado do noso centro participou na entrega de premios do concurso “E ti, que pensas da igualdade?”, organizado pola Deputación de Pontevedra, que tivo lugar na Lanzada.
O alumnado do noso centro participou na entrega de premios do concurso “E ti, que pensas da igualdade?”, organizado pola Deputación de Pontevedra, que tivo lugar na Lanzada.
Estamos moi orgullosos e orgullosas dos recoñecementos acadados polo noso alumnado:
🥈 Gael (4º de Primaria) conseguiu o 2º premio na categoría de 3º e 4º de Primaria, recibindo como agasallo un reloxo intelixente.
🥇 Eloy (6ºA) acadou o 1º premio na categoría de 5º e 6º de Primaria, sendo premiado cunha tablet.
🥉 Enia (5ºA) obtivo o 3º premio da mesma categoría, recibindo un lote didáctico.
👏🎉 Parabéns aos tres polos seus excelentes traballos e pola súa implicación na promoción da igualdade!
Ademais da entrega de premios, desfrutamos dunha fantástica xornada de convivencia cos demais centros participantes, chea de diversión, actividades e moita música 🎶😊.
Sen dúbida, foi unha experiencia moi especial e inesquecible para todos e todas. 💜✨
No hay comentarios:
Publicar un comentario