Febreiro soa a Entroido!!!! 🎭
Este mes chega cargado de ritmo, disfraces e
moita retranca.
O Entroido non só se vive nas rúas, tamén se
escoita no noso cole, e este mes as propostas musicais xiran arredor da festa
máis irreverente do ano.
Concertos cheos de humor, coplas satíricas,
batucadas, charangas e músicas tradicionais mestúranse con sons actuais para
poñer banda sonora á troula.
É tempo de rir, bailar e celebrar sen complexos,
deixando que a música marque o paso entre comparsas e máscaras.
Porque en febreiro, cando manda o Entroido, a
festa tamén se canta!!! 🎶
(Pincha ou escanea o QR para acceder á nosa listaxe en Spotify)