Ola, ola! 🐭✨
Son Rati,
a mascota do CEIP Coirón-Dena, e veño cunha invitación moi especial.
Xa está aquí o Festival
de Entroido, un día para rir, bailar e deixarnos levar
pola imaxinación.
Haberá disfraces sorprendentes, música e
moita, moita alegría.
Anímovos a vir co voso mellor disfrace e con ganas de pasalo en grande.
Vémonos no Entroido… non faltes, que eu xa estou list@ para a festa! 🎭🎉

