O pasado venres, 17 de outubro o alumnado de 6º de Educación Primaria desfrutou dunha interesante xornada educativa organizada pola Deputación de Pontevedra e a AGAPI (Asociación Galega de Produtores Independentes), en colaboración co Concello de Meaño.
O obxectivo desta actividade foi achegar ao alumnado ao mundo do audiovisual galego, coñecendo de preto o traballo que hai detrás das cámaras.
Contamos coa visita de Gael Herrera, da produtora Tamboura, quen compartiu a súa experiencia en programas da TVG como; Que casas!, Escaparate ou Historias Mínimas.
Unha mañá chea de aprendizaxe e inspiración! 🎬🎥🎞️
No hay comentarios:
Publicar un comentario