7 jun 2025

AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO!

Aquí tamén se fala galego é a iniciativa máis viral nos últimos tempos. 

Actores, actrices, cantantes, músicos/as, cómicos/as, escritores/as, futbolistas... de todo o mundo estanse sumando a ela.

O noso cole non quere ser menos, así que o alumnado do 3º ciclo pegou cadansúa pegatina nun negocio do comercio local de Meaño e arredores.

Animádevos e mandade as vosas fotos ao correo: ogalegonocoiron@gmail.com

Moitas grazas por axudar a visibilizar a nosa lingua! 💙👏

No hay comentarios:

Publicar un comentario