A nosa querida mascota Rati
viaxou ata Brasil e os nen@s de 1º de Primaria prepararon unha marabillosa
actuación para ensinarnos as cousas máis importantes deste fermoso país.
Aprendemos a falar un chisquiño de portugués, ensináronnos a preparar a deliciosa feixoada, a bailar a samba, a practicar a capoeira e, por suposto, a xogar ao fútbol!⚽🎉🎶
Parabéns a todo o alumnado de 1º polo seu traballo! Grazas por compartir connosco esta experiencia tan inesquecible!! 👏
No hay comentarios:
Publicar un comentario