Este mes, a nosa querida mascota Rati viaxou ata Italia, e os nen@s de 2º de Primaria prepararon unha marabillosa actuación para ensinarnos as cousas máis importantes deste fermoso país.
Co seu entusiasmo e creatividade, leváronnos de
paseo polas súas cidades máis emblemáticas, descubrimos os seus pratos típicos,
coñecemos artistas e monumentos históricos e, por suposto, aprendemos algunhas
palabras en italiano! 🍝🍕🎭
Parabéns a todo o alumnado de 2º polo seu
traballo! Grazas por compartir connosco esta experiencia tan enriquecedora!! 👏
No hay comentarios:
Publicar un comentario