O pasado martes, 3 de decembro os nenos/as de 5º e 6º de Primaria foron á Deputación de Pontevedra a presentar a súa cooperativa de arte ecolóxica “Ecopegada”, xunto con outros centros da provincia.
Fixémolo de marabilla!! 🐾🐾
A Deputación tíñanos ademais, unha gran sorpresa preparada, unha visita ao Museo de Pontevedra!
Alí, desfrutamos das súas exposición temporais, unha
sobre o pintor de Bueu, José Benito Otero Baena e outra, de xoguetes antigos.
E non podían faltar, as súas exposicións permanentes, como a do grandísimo Castelao, do que se cumpren 75 anos do seu pasamento e onde puidemos ver ao noso cego de Padrenda!
No hay comentarios:
Publicar un comentario