10 nov 2024

A NOSA COOPERATIVA

O alumnado do 3º Ciclo foi seleccionado no programa da Deputación de Pontevedra “DEPOEMPRENDE NA ESCOLA” que ten como obxectivo que o alumnado cree a súa propia cooperativa escolar.

Os nenos/as fixeron un traballo de investigación previo sobre o que é unha cooperativa, como funciona, quen traballa nela e cales son as súas funcións, que tipos de cooperativas existen, así como, as cooperativas que temos na nosa contorna.

Decidimos que a nosa será unha Cooperativa de “ARTE ECOLÓXICA”, respectuosa co medio ambiente.

Con este proxecto interdisciplinar, fomentaremos a creatividade e o espírito emprendedor do alumnado, aprenderemos a traballar en equipo de xeito cooperativo e colaborativo, a tomar decisións de xeito democrático, a expor en público ou educación financieira.

E o máis importante, o recadado coas nosas creacións terá un fin social! 





No hay comentarios:

Publicar un comentario