17 jun 2013

RAPEO EN GALEGO

Coma tódolos anos estamos preparando un festival no que cada curso nos deleitará rapeando unha cancionciña.
Este festival será o vindeiro xoves, esperemos que disfrutedes moito....
Aquí vos deixamos algunhas das actuacións que faremos:

O libro de Pepe Carreiro "Os Bolechas queren saber como producir menos lixo" inspirounos para facer esta canción. Logo xurdiu a idea de facer un lipdub no que participara todo o cole e este é o resultado.




Os nenos e nenas de 5 anos interpretan  "Churras Churras", rap que se enviou para participar no concurso "imaxina cantares", baseado nun anaco dun poema de Rosalía de Castro, "vente, rapasa".




O alumnado de 1º de Primaria  interpreta unha particular versión de "O cuco", o poema de Manuel María ao que Suso Vaamonde lle puxo música. Esta versión é un puquiño máis moderna.

O libro "Acuario", de María Canosa (Edicións Embora), inspirounos para facer esta canción. Os nenos e nenas de 2º de Primaria cántanlle aos peixes das nosas rías con moito ritmo.
(Base musical editada a partires de "Little L", de Jamiroquai)



O conto "O galo quirico" da editorial kalandraka , inspirounos para facer esta canción. Mirade a interpretación que fan os nenos e nenas de 4º A





Os nenos e nenas de 4º B fannos pasar un bo momento con este rap da Lingua, baseado nun canción de Migallas, esperamos que vos guste.







Os nenos e nenas de 6º de primaria interpretan esta canción, inspirada no libro de Pilar Martínez "A galiña Roxa" (adaptación dun conto popular ruso)





 Os nenos e nenas de 5º de primaria interpretan esta canción, inspirada no libro "A casa da mosca chosca" de Eva Mejuto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario