31 mar 2025

DÍA DAS ARTES GALEGAS (1 DE ABRIL)

Un ano máis, achégase o día das nosas artes, o Día das Artes Galegas!! 🎨

Este ano o artista homenaxeado é ...

ISAAC DÍAZ PARDO

Queredes coñecer un pouco da súa vida e obra? Non perdades detalle! 👀 

👉 Pinchade na ligazón para ver ou descargar os recursos ou escaneade o seguinte QR.

      


22 mar 2025

DÍA DA MULLER

No Coirón-Dena celebramos o Día da Muller por todo o alto!!

Mirade como o desfrutamos!!! 💜💜💜




13 mar 2025

CONCURSO DE CARTEIS E LEMAS

O cartel gañador do Concurso de Carteis e Lemas polo Día da Muller foi o de Alba de 3ºB!!!! 💜 

Baixo o seu lema “Viaxando xunt@s pola Igualdade!!!” 🌍 

Parabéns!! 👏👏



IV CARREIRA POLA IGUALDADE

Un ano máis, reuniremos no Campo de Fútbol As Cachizas de Dena para correr pola igualdade! 💜

Anímate e participa!!! Esperámosvos!!




UNHA VIAXE POLA IGUALDADE

Un ano máis, terá lugar a IV Carreira pola Igualdade no Campo de Fútbol das Cachizas de Dena ✨.

O alumnado elaborou os seus propios carteis e lemas para conmemorar o Día da Muller (8 de marzo) 💜.

👀 Miradade que artistas temos en Dena!!! 👏




MEGAFONÍA DE MARZO

E aquí está a megafonía de marzo! 👏 Tod@s list@s para mover cantar e bailar! 🎶🎵

Faremos especial mención ás:

·       Conmemoracións deste mes: Día da muller 👩, Semana de Prensa 📃 e Día do consumidor 👜.

·        A INDIA, país que estamos a traballar no noso PDI “A voltas con Rati” 🐘🐒✨🐄🐍




CAMPANAS DE BASTABALES

O alumnado de 4ºB realizou este precioso traballo sobre o poema “Campanas de Bastabales” de Rosalía de Castro, do seu gran libro “Cantares Gallegos”. ✨

Noraboa por este grandísimo traballo!!! 👏




👉 Pinchade na seguinte ligazón para desfrutalo!! 👀


https://vimeo.com/1064476679


8 mar 2025

GRAN FESTA DE ENTROIDO!!

A semana pasada celebramos no Coirón-Dena o Entroido, e fixémolo, por todo o alto!! 🎉🎭✨

👀 Ollade que ben o pasamos!!! 😀





6 mar 2025

BRASIL ATERRIZA EN DENA!

A nosa querida mascota Rati viaxou ata Brasil e os nen@s de 1º de Primaria prepararon unha marabillosa actuación para ensinarnos as cousas máis importantes deste fermoso país. 

Aprendemos a falar un chisquiño de portugués, ensináronnos a preparar a deliciosa feixoada, a bailar a samba, a practicar a capoeira e, por suposto, a xogar ao fútbol!⚽🎉🎶

Parabéns a todo o alumnado de 1º polo seu traballo! Grazas por compartir connosco esta experiencia tan inesquecible!! 👏




DÍA DE ROSALÍA

O pasado 23 de febreiro, foi o Día de Rosalía e no Coirón-Dena quixemos conmemorar a súa figura. ✨

Para iso, o alumnado enfrontouse a diferentes retos: xogos de pistas, mensaxes secretas… 🔍

O alumnado de 5ºA, por exemplo, pasou un dos seus poemas a pictogramas!