27 feb 2025

A VOLTAS POLO NOSO ENTROIDO!

Rati viaxou polo noso Entroido e recomendounos lecturas sobre o mesmo! 

Ademais, o alumnado do Coirón-Dena investigou sobre os diferentes personaxes do Entroido galego (orixe, día que saen, vestimenta, costumes, tradicións…).

👀 Ollade que bonito nos quedou e o máis importante, canto aprendemos!!!! 👏🎉

23 feb 2025

FESTIVAL ENTROIDO

O vindeiro venres, 28 de febreiro desfilaremos ata a praza do Corazón de Dena. Alí, actuaremos de 10:00 h a 11: 00 h.

Ás 11: 30 h. subiremos tod@s xunt@s ao colexio (con chiquitren para @s máis peques) para desfrutar dunha chocolatada e desgutación dos produtos típicos do Entroido grazas á colaboración do Concello e da ANPA A Sementeira.

Por suposto, moitísimas grazas tamén ao noso alumnado e ás familias pola súa implicación!

Animádevos e participade!! Estades tod@s convidad@s!!! ✨🎉

COMANDAS ENTROIDO

O Meco chegou ao CEIP Coirón-Dena e vén cargado de ordes divertidas para esta semana! ✨

Do 24 ao 28 de febreiro, segue as súas indicacións e participa na festa!! 🎇

Non faltes e vén preparado/a para unha semana chea de diversión!!! 🎉

17 feb 2025

VISITA EVA MEJUTO

O pasado martes, 11 de febreiro tivemos a sorte de recibir na nosa biblioteca a visita de Eva Mejuto, autora de “O día que choveron gatos”, un libro que os nosos alumnos/as de 5º e 6º de primaria están a desfrutar este curso. 🏡📖

Foi unha charla chea de curiosidades, anécdotas e reflexións sobre a escritura, a creatividade e, por suposto, sobre esta marabillosa historia que nos fixo rir, pensar e emocionarnos. 🐾💭

Moitas grazas por compartir connosco o teu tempo e a túa paixón pola literatura! Agardamos seguir descubrindo moitas máis historias contigo!! 








9 feb 2025

MEGAFONÍA DE FEBREIRO

E aquí está a megafonía de febreiro! Tod@s list@s para mover o esqueleto! 🎵🎶

Neste mes faremos especial mención ás:

·       CONMEMORACIÓNS: Día da lingua materna, Día de Rosalía e Entroido.

·        BRASIL, país que estamos a traballar no noso PDI “A voltas con Rati”.

RATI COÑECE BRASIL!

Despois dunha viaxe inesquecible polo país do fútbol, do samba e do entroido máis espectacular do mundo, Rati está de volta no CEIP Coirón Dena!🌎


Durante a súa estadía en Brasil, Rati aprendeu a falar un chisquiño de portugués, degustou a deliciosa feixoada, bailou samba, practicou capoeira e, por suposto, xogou moito ao fútbol!⚽🎉🎶

Que país tan abraiante!👏

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O pasado 30 de xaneiro foi o Día da Paz e como de costume, no CEIP Coirón-Dena celebrámolo por todo o alto.

Investigamos sobre os diferentes Premios Nobel e fixemos este mural tan chulo baixo o lema “A voltas por un mundo de Paz” 🌍.

ITALIA CHEGA A DENA!

Este mes, a nosa querida mascota Rati viaxou ata Italia, e os nen@s de 2º de Primaria prepararon unha marabillosa actuación para ensinarnos as cousas máis importantes deste fermoso país. 

Co seu entusiasmo e creatividade, leváronnos de paseo polas súas cidades máis emblemáticas, descubrimos os seus pratos típicos, coñecemos artistas e monumentos históricos e, por suposto, aprendemos algunhas palabras en italiano! 🍝🍕🎭

Parabéns a todo o alumnado de 2º polo seu traballo! Grazas por compartir connosco esta experiencia tan enriquecedora!! 👏