23 dic 2024

O NOSO NADAL

No noso cole vivimos un Nadal inesquecible, cheo de ilusión e momentos especiais:

👑Recibimos a visita dos Reis Magos.

🚂 Viaxamos no Pavitren por Dena.


🎨 Participamos nos obradoiros creativos organizados pola ANPA “A Sementeira”.

🍬 E rematamos cun gran festival en compaña das familias e coas festiñas de despedida deste 1º trimestre!


Sigamos creando recordos inesquecibles! 🎅✨

22 dic 2024

PASAPALABRA DE NADAL

O alumnado de 5º de Primaria elaborou un "Pasapalabra de Nadal" para traballar vocabulario en galego típico destas datas.

Escanea o seguinte QR para velo ou dálle á ligazón! Esperamos que vos guste! 💞



BENVID@S A LAPONIA!!!!

Os nenos e nenas de 5 anos convertéronse en auténticos exploradores de Laponia! 🎄


A través dunha marabillosa exposición, amosáronnos todo o que aprenderon sobre esta máxica rexión 🎅 


 Ata nos deleitaron cun baile!


Aproveitaron ademais para ensinarnos vocabulario galego destas datas e erros comúns.

✅FOLERPA - ❌COPO DE NEVE

✅ZORRA - ❌TRINEO

Moitísimas grazas polo voso estupendo traballo! 👏

19 dic 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

A nosa mascota Rati leva as súas maletas cheas de ilusión para percorrer o mundo durante o Nadal 🎄🎅.

Queredes acompañala? 🌍

Un libro pode ser un avión, un tren ou un barco que nos leva a lugares cheos de maxia e aventuras 💫.

Este Nadal, animádevos a ler e facédeo en GALEGO!!! 




16 dic 2024

OBRADOIRO DE GÓSPEL

O alumnado de 5º e 6º de Primaria desfrutou dun obradoiro de Góspel no que aprenderon un montón sobre este xénero musical.

Nel mesturamos as súas raíces africanas coas nosas propias galegas.

Ollade que resultado tan chulo! 👀👏

12 dic 2024

MEGAFONÍA DE DECEMBRO

Xa está aquí a megafonía de decembro!! 🎵🎵

Todos/as listos/as para cantar e bailar este Nadal!!! 🎄🎅

RATI VIAXA A LAPONIA!!

A nosa mascota Rati estivo fóra do cole uns días. 

Foi nada máis e nada menos que a Laponia e trouxo a súa maleta ben cargadiña de cousas para que coñecezamos un pouquiño mellor ese lugar! ⛄

DEPOEMPRENDE

O pasado martes, 3 de decembro os nenos/as de 5º e 6º de Primaria foron á Deputación de Pontevedra a presentar a súa cooperativa de arte ecolóxica “Ecopegada”, xunto con outros centros da provincia.

Fixémolo de marabilla!! 🐾🐾


A Deputación tíñanos ademais, unha gran sorpresa preparada, unha visita ao Museo de Pontevedra!

Alí, desfrutamos das súas exposición temporais, unha sobre o pintor de Bueu, José Benito Otero Baena e outra, de xoguetes antigos.


E non podían faltar, as súas exposicións permanentes, como a do grandísimo Castelao, do que se cumpren 75 anos do seu pasamento e onde puidemos ver ao noso cego de Padrenda!

DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O 3 de decembro foi o Día das persoas con capacidades diferentes. 

No noso colexio celebramos este día tan importante cunha xornada repleta de aprendizaxe, reflexión e diversión para fomentar valores como a empatía, o traballo en equipo ou a atención á diversidade, tratando así de crear unha escola máis inclusiva. 

Infantil e 1º ciclo de primaria vivenciaron diferentes realidades a través dun circuíto onde experimentaron algunhas discapacidades como a visual ou a motórica.





De 3º a 6º de primaria, o alumnado participou nun escape room especialmente deseñado para traballar contidos relacionados coa superación persoal e a colaboración. Resolveron retos, traballaron en equipo e superaron as diferentes probas de maneira incrible! 





1 dic 2024

XAPÓN ATERRIZA EN DENA!

Os nenos/as de 4º de Primaria mostráronlle aos demais cursos como é Xapón.

Faláronnos da súa lingua, a súa a bandeira, comida típica, traxe típico, e moitas cousas máis! 🉐🉑

Ata nos fixeron un baile e a representación teatral dun conto a través da técnica do Kamishibai!! 




  



VERBAS VIOLETAS

No Coirón conmemoramos o 25 de novembro: Día contra a violencia de xénero.

A rapazada creou estes carteis tan especiais, cargados de igualdade, para reinvindicar esta data tan importante! 💜

Ata nos visitou o alcalde e a concelleira para recoller algúns deles e levalos ao Concello, e así, darlles visibilidade e difusión as nosas mensaxes!!