O alumnado de 3º e 4º de Primaria visitou o museo
de Pontevedra.
Alí, desfrutaron dunha visita guiada pola historia da arte galega (pintura, cerámica, escultura...).
Que ben o pasaron!!
O alumnado de 3º e 4º de Primaria visitou o museo
de Pontevedra.
Alí, desfrutaron dunha visita guiada pola historia da arte galega (pintura, cerámica, escultura...).
Que ben o pasaron!!
E agora, tocou o mellor, probar os produtos típicos do outono que trouxemos para a nosa exposición!
O
alumnado de infantil repasou vocabulario en galego e degustou froitos secos e
carnosos típicos destas datas.
Por
outra banda, o alumnado de primaria traballou a expresión escrita a través de
receitas do outono.
Ummmmmm
que bo estaba todo!!!! 😋
No CEIP Coirón-Dena celebramos o magosto dun xeito especial: xogando e lembrando aqueles xogos tradicionais que tanto nos gustan!
Seguido, por suposto, da degustación de castañas asadas!!
E por fin…a megafonía de novembro!!! 🎵🎵
Con especial mención:
·
AO MAGOSTO.
·
Á LOITA CONTRA A VIOLENCIA
DE XÉNERO.
· A XAPÓN, país que estamos a traballar no noso PDI “A voltas con Rati”.
E sen esquecernos, por suposto, das peticións
do noso alumnado!!
O vindeiro venres, 15 de novembro, se a meteoroloxía nolo permite, celebraremos o magosto no parque dos Pasales de Dena.
Alí, desfrutaremos de xogos populares e tradicionais, música, baile e castañada! 🍁🍂
O alumnado do 3º Ciclo foi seleccionado no programa da Deputación de Pontevedra “DEPOEMPRENDE NA ESCOLA” que ten como obxectivo que o alumnado cree a súa propia cooperativa escolar.
Os
nenos/as fixeron un traballo de investigación previo sobre o que é unha
cooperativa, como funciona, quen traballa nela e cales son as súas funcións,
que tipos de cooperativas existen, así como, as cooperativas que temos na nosa
contorna.
Decidimos que a nosa será unha Cooperativa de “ARTE ECOLÓXICA”, respectuosa co medio ambiente.
Con
este proxecto interdisciplinar, fomentaremos a creatividade e o espírito
emprendedor do alumnado, aprenderemos a traballar en equipo de xeito
cooperativo e colaborativo, a tomar decisións de xeito democrático, a expor en público ou
educación financieira.
E
o máis importante, o recadado coas nosas creacións terá un fin social!
O alumnado de 5º de Primaria visitou o Campo da Billarda de Nantes para desfrutar dunha xornada de xogos populares e tradicionais, tales como a billarda ou estornela, a chave, a petanca ou os birlos. 🎳
Esta é unha actividade promovida por XOGADE e que forma parte do PVAD (Proxecto de Vida Activa e Deportiva).
Pasámolo de marabilla practicando deporte ao aire libre!! 🌳
Este ano o túnel do medo foi moi especial e a través del puidemos coñecer as distintas culturas do mundo:
Exipto cos seus misterios de momias e
faraóns.
Rumanía co conde Drácula.
México coas fermosas e aterradoras
Catrinas.
Países Baixos con casas encantadas e
embruxadas.
Reino Unido con Frankenstein e Jack o
Destripador.
E, por suposto, Galicia coa Santa Compaña, para achegarnos ás nosas tradicións.
Moitas grazas á incrible colaboración das familias, que se implicaron a fondo para crear un túnel do medo inesquecible! 😈