27 dic 2013

PROXECTO PAISAXES

Este curso, a través de Normalización Lingüística, todo o alumnado do centro traballa nun proxecto sobre "as paisaxes galegas da nosa contorna". Este proxecto forma parte do Plan Proxecta.
Aquí podemos ver algúns dos traballos xa realizados.


26 dic 2013

20 dic 2013

BO NADAL

Os alumnos e alumnas de 5ºA e 5ºB felicítannos o Nadal cunhas postais do máis divertidas.


19 dic 2013

DESEXOS DE NADAL

Os alumnos e alumnas de 6ºB presentan os seus desexos para este Nadal.

DEREITOS HUMANOS

O día 10 de decembro celébrase o Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
O alumnado de 6ºB redactou e ilustrou os artigos de dita declaración.


17 dic 2013

PRENSA - ESCOLA

Con motivo do falecemento de Nelson Mandela fixemos este traballo.

CONTOS DE MEDO

CONTOS DE MOITO MEDO

Con motivo do Samaín fixemos uns contos de moitísimo medo.
Uhhhhh..........! 5ºA.


15 nov 2013

MAGOSTO 2013

Mentres se asaban as castañas participamos nos xogos tradicionais distribuídos polo patio. A continuación, fixemos un baile e cantamos unha canción todos xuntos. Finalmente, degustamos as castañas.


PRENSA - ESCOLA

O alumnado do 3º ciclo traballa este curso no programa de Prensa - Escola a través do xornal de " La Voz de Galicia".

7 nov 2013

VISITA VIRTUAL ILLA DE SÁLVORA

Os alumnos/as de 6ºB elaboran unha visita virtual pola Illa de Sálvora.

ILLA DE SÁLVORA

Este curso desde Normalización Lingüística traballamos no proxecto "Creamos en galego". Cada ciclo traballará sobre unha paisaxe típica galega. 
Os alumnos/as de 6ºB investigan sobre a Illa de Sálvora e os seus arredores.

5 nov 2013

SAMAÍN 2013

Un ano máis celebramos o Samaín co tradicional concurso de cabazas.


26 jun 2013

IMAXINA CANTARES

Con motivo do 150 aniversario de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro participamos no concurso Imaxina cantares, e este foi o resultado:

3 anos



4 anos




5 anos








Primaria


17 jun 2013

RAPEO EN GALEGO

Coma tódolos anos estamos preparando un festival no que cada curso nos deleitará rapeando unha cancionciña.
Este festival será o vindeiro xoves, esperemos que disfrutedes moito....
Aquí vos deixamos algunhas das actuacións que faremos:

O libro de Pepe Carreiro "Os Bolechas queren saber como producir menos lixo" inspirounos para facer esta canción. Logo xurdiu a idea de facer un lipdub no que participara todo o cole e este é o resultado.




Os nenos e nenas de 5 anos interpretan  "Churras Churras", rap que se enviou para participar no concurso "imaxina cantares", baseado nun anaco dun poema de Rosalía de Castro, "vente, rapasa".




O alumnado de 1º de Primaria  interpreta unha particular versión de "O cuco", o poema de Manuel María ao que Suso Vaamonde lle puxo música. Esta versión é un puquiño máis moderna.

O libro "Acuario", de María Canosa (Edicións Embora), inspirounos para facer esta canción. Os nenos e nenas de 2º de Primaria cántanlle aos peixes das nosas rías con moito ritmo.
(Base musical editada a partires de "Little L", de Jamiroquai)



O conto "O galo quirico" da editorial kalandraka , inspirounos para facer esta canción. Mirade a interpretación que fan os nenos e nenas de 4º A





Os nenos e nenas de 4º B fannos pasar un bo momento con este rap da Lingua, baseado nun canción de Migallas, esperamos que vos guste.







Os nenos e nenas de 6º de primaria interpretan esta canción, inspirada no libro de Pilar Martínez "A galiña Roxa" (adaptación dun conto popular ruso)





 Os nenos e nenas de 5º de primaria interpretan esta canción, inspirada no libro "A casa da mosca chosca" de Eva Mejuto.


13 jun 2013

ACTIVIDADE "COIDA O TEU MEDIO"

Nesta actividade, os nenos e nenas realizaron diversas paisaxes galegas. Primeiro fixeron as paisaxes galegas coidadas e despois como quedarían polos efectos da contaminación.

10 mar 2013

A FAUNA NA LITERATURA GALEGA

Este é o resultado da acitividade proposta para este trimestre. Esperamos que vos guste.

FAUNA GALEGA E POEMAS

Neste trimestre no cole estivemos traballando sobre a fauna na literatura galega, e os nenos e nenas de primaria fixeron esta bonita presentación.