12 dic 2012
ÁRBORES, ARBUSTOS E CULTIVOS DA NOSA TERRA
Neste trimestre traballamos a flora galega para aprender un pouco máis da nosa terra e tamén para aprender a coidala. O resultado é este vídeo das exposicións que están nos corredores do colexio.
31 oct 2012
CONCURSO DE CABAZAS
Outro ano máis no Coirón - Dena celebramos o Samaín con esta exposición de cabazas, algunhas das cales serán premiadas no concurso que se celebra hoxe. Moita sorte!!!!!!
24 oct 2012
CHEGOU O SAMAÍN!
O samaín é unha festividade de orixe celta. A súa etimoloxía celta significa "fin do verán". Esta festividade foi practicada dende fai máis de 3000 anos polos pobos celtas de Europa.
Dentro de poucos días subiremos fotos do concurso de calacús! e de moitas cousas máis.
Dentro de poucos días subiremos fotos do concurso de calacús! e de moitas cousas máis.
22 jun 2012
21 jun 2012
20 jun 2012
16 may 2012
O CEIP Coirón Dena participa no concurso "NÓS TAMEN CREAMOS".
Mestres/as do CEIP Coirón Dena remataron o traballo de elaboración de curtas de animación de cara á participación no concurso "Nós tamén creamos" que organizan a Consellería de Educación e a Editorial OQO.
O traballo consistiu en elexir un conto que nos facilitaba dita editorial e intentar, a través de técnicas "Stop Motion" de animación, crear un pequeno filme dese conto.
O papel do alumnado foi o de traballar as personaxes a través de plastilina, practicar unha minianimación na aula e finalmente utilizar as súas voces para a narración do conto.
Para acceder e visualizar de todas animacións presentadas será necesario acceder á páxina de contidos infantís da CRTVG.
NAVEGA CARACOL. Nivel: Educación Primaria
QUÉ SUSTO! Nivel: Educación Infantil
LETRAS GALEGAS 2012
Este ano para traballar as letras galegas fixemos entre todos uns murais da vida e obra do autor. Pódense ver nos corredores do cole.
15 may 2012
CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO RAPEANDO CONTOS
Co
motivo da celebración do día do libro, no CEIP Coirón Dena elaboramos
unhas presentacións moi animadas nas que se contan contos en forma de
RAP.
Os traballos foron elaboracións propias de todo o alumnado do centro.
A continuación podedes disfrutar das presentacións, dos rapeos e do traballo do alumnado:
- Educación Infantil: Canción dos alimentos.
- 1º de Educación Primaria: Once damas atrevidas.
- 2º de Educación Primaria: A qué sabe a lúa?
- 3º de Educación Primaria: O sultán e os ratos.
- 4º de Educación Primaria: Cocorico.
- 5º de Educación Primaria: A toupiña que quería saber quén lle fixera aquilo na cabeza.
- 6º de Educación Primaria: Caldo de pedra.
Etiquetas:
ACTIVIDADES 2011-12,
Día do libro,
Rapeo en Galego
9 mar 2012
O MEU TRAXE TÍPICO
Durante este trimestre estivemos traballando os diferentes tipos de vestimenta do mundo, que quedaron reflectidos neste mapa.
Etiquetas:
ACTIVIDADES 2011-12,
proxecto multiculturalidade
8 mar 2012
Receitas multiculturais
Ao longo do segundo trimestre os nenos e nenas do colexio elaboraron coa axuda das súas familias e mestres diferentes receitas sobre as culturas que están traballando.
Etiquetas:
ACTIVIDADES 2011-12,
proxecto multiculturalidade
20 ene 2012
O ALUMNADO DE 6º E DE 4 ANOS B FELICÍTANOS O NADAL.
O alumnado de 6º curso e de 4 anos B estivo traballando a confección de presentacións multimedia na aula de informática ao longo do mes de Decembro. Esperamos que vos gusten.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)