26 dic 2025

FESTIVAL DE NADAL

E por fin chegou o gran día, o do Festival de Nadal 2025!!! 🎄🎅

Grazas ao profesorado polo seu traballo, ao alumnado polo seu esforzo e talento e ás familias polo apoio constante! 👪

Desexámosvos unhas Felices Festas e un ano novo cheo de saúde, aprendizaxe, alegría e momentos compartidos!! 🎉

25 dic 2025

DECORACIÓN NADAL

Un ano máis, no Coirón esforzámonos arreo na decoración de Nadal: portas, murais, corredores e moito máis!!! 🎄🎅

Todas as nosas portas están inspiradas en contos típicos destas datas 📕📖📗:

AULA

CONTO

3 ANOS

“A casiña de chocolate”

4 ANOS

“O reno rosmón”

5 ANOS

“A que sabe a lúa?”

1ºEP

“O boneco de neve máxico”

2ºA EP

“O ladrón de neve”

2ºB EP

“Os elfos de Papá Noel”

3º EP

“Como o Grinch roubou o Nadal”

4ºA EP

“As historias de Ventisca e Alegre”

4ºB EP

“O abeto”

5ºA EP

“Onde está Papá Noel?”

5ºB EP

“Nadal de conto”

6ºA EP

“Contos de Nadal”

6ºB EP

“Pesadelo antes de Nadal”

INGLÉS 1

“Christmas Tree Book””

INGLÉS 2

“Contos de Nadal: panxoliñas, lendas e tradicións”

PT

“Un, dous, tres, Nadal é”

AL

“O lobo en calzóns”

BIBLIOTECA

“A House for Christmas Mouse”

RELIXIÓN

“A Historia do Nadal”

XIMNASIO

“O home de xenxibre e a carreira de Aninovo”

A ver se acertades cal é cal? Esperamos que vos gusten!! ✨

23 dic 2025

VISITA PAPÁ NOEL

Papá Noel visitou o Coirón-Dena!!! 🎅 Veu acompañado da súa axudante, unha trasna moi simpática e chegou nin máis nin menos que en pavi-tren!!🚂

Repartiu caramelos a toda a rapaza e puidemos entregarlle as nosas cartas!!✉📪 Como de costume, percorremos Dena para felicitarlles o nadal a toda a veciñanza!!! 👪

Graciñas á ANPA Sementeria e ao Concello de Meaño por facelo posible! ✨

OBRADOIROS NADAL

Un ano máis, desfrutamos dos esperados Obradoiros de Nadal 🎄🎅. Como de costume, o alumnado elaborou manualidades do máis orixinais!! 🎨

Moitísimas grazas á ANPA Sementeira polo seu grandísimo traballo!!! 👪✨

20 dic 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras da nosa Biblioteca Raticonto, así como, xogos para desfrutar en familia nestas datas tan especiais!!

Boas lecturas e felices festas!!! 🎅🎄


(Escanea o QR para velas)


14 dic 2025

LUCES, CÁMARA E ACCIÓN!

Durante este 1º trimestre, o alumnado do 3º Ciclo traballou a séptima arte: o CINE 🎬.

Investigou sobre a súa historia, elaborou os seus propios guións, gravou, editou, fixo as súas propias dobraxes, e moito máis!

Unha forma divertida e creativa de aprender usando a linguaxe audiovisual 📹 .

Aquí van algúns dos nosos produtos finais como mostra do gran traballo realizado pola rapazada! Esperamos que vos gusten!!




Aproveitamos ademais para felicitar a Emma Lustres, produtora audiovisual de Vaca Films pola súa medalla de ouro nos Premios Forqué! ORGULLOS@S DO CINE GALEGO!! ✨

10 dic 2025

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Hoxe mércores, 10 de decembro é o Día dos Dereitos Humanos e dende o CEIP Coirón-Dena queremos transmitir a seguinte mensaxe:

“O respecto constrúe paz: coidemos os dereitos de tódalas persoas, xa que, tratar ben aos demais é a base dun mundo máis xusto”.

7 dic 2025

SEMANA DA CONSTITUCIÓN E DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA

Esta semana traballamos dende as titorías a Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia.

O noso alumnado xa coñece o noso himno, que mellor maneira de conmemorar esta festividade? 💙

HIMNO GALEGO

"Os Pinos"

Eduardo Pondal

Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.


DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O pasado mércores, 3 de decembro foi o Día da Diversidade Funcional ♿.

"A DIVERSIDADE NON DIVIDE, SUMA”

Dende o Coirón-Dena traballamos un ano máis este día. Nesta ocasión, fixémolo dende as titorías  a través de contacontos, curtametraxes, dinámicas de grupo, xogos...

Aquí van as nosas recomendacións!!



OBRADOIRO DE GÓSPEL

Un ano máis, o alumnado de 5º e 6º de Primaria desfrutou dun obradoiro de Góspel no que os nenos/as aprenderon un montón sobre este xénero musical 🎵🎶.

De novo, mesturamos as súas raíces afroamericanas coa nosas galegas! Que mestura máis fermosa!! ✨

5 dic 2025

PROPOSTAS MUSICAIS DECEMBRO

Aquí van as propostas musicais para este mes de decembro!!! 🎅🎄

Este NADAL cantade e bailade en GALEGO!!!!! 🎵



PDI INFANTIL

E por fin comezamos coas esperadas exposicións do noso PDI “Rati CreARTe”!!!

Nesta ocasión, foi o turno de Infantil que traballou MÚSICA e DANZA e nos deleitou cunha preciosa representación de “Vivaldi e as súas catro estacións”. 🎵🎶

Parabéns aos nos@s pequen@s artistas pola súa gran actuación!!! 👏