26 dic 2025

FESTIVAL DE NADAL

E por fin chegou o gran día, o do Festival de Nadal 2025!!! 🎄🎅

Grazas ao profesorado polo seu traballo, ao alumnado polo seu esforzo e talento e ás familias polo apoio constante! 👪

Desexámosvos unhas Felices Festas e un ano novo cheo de saúde, aprendizaxe, alegría e momentos compartidos!! 🎉

25 dic 2025

DECORACIÓN NADAL

Un ano máis, no Coirón esforzámonos arreo na decoración de Nadal: portas, murais, corredores e moito máis!!! 🎄🎅

Todas as nosas portas están inspiradas en contos típicos destas datas 📕📖📗:

AULA

CONTO

3 ANOS

“A casiña de chocolate”

4 ANOS

“O reno rosmón”

5 ANOS

“A que sabe a lúa?”

1ºEP

“O boneco de neve máxico”

2ºA EP

“O ladrón de neve”

2ºB EP

“Os elfos de Papá Noel”

3º EP

“Como o Grinch roubou o Nadal”

4ºA EP

“As historias de Ventisca e Alegre”

4ºB EP

“O abeto”

5ºA EP

“Onde está Papá Noel?”

5ºB EP

“Nadal de conto”

6ºA EP

“Contos de Nadal”

6ºB EP

“Pesadelo antes de Nadal”

INGLÉS 1

“Christmas Tree Book””

INGLÉS 2

“Contos de Nadal: panxoliñas, lendas e tradicións”

PT

“Un, dous, tres, Nadal é”

AL

“O lobo en calzóns”

BIBLIOTECA

“A House for Christmas Mouse”

RELIXIÓN

“A Historia do Nadal”

XIMNASIO

“O home de xenxibre e a carreira de Aninovo”

A ver se acertades cal é cal? Esperamos que vos gusten!! ✨

23 dic 2025

VISITA PAPÁ NOEL

Papá Noel visitou o Coirón-Dena!!! 🎅 Veu acompañado da súa axudante, unha trasna moi simpática e chegou nin máis nin menos que en pavi-tren!!🚂

Repartiu caramelos a toda a rapaza e puidemos entregarlle as nosas cartas!!✉📪 Como de costume, percorremos Dena para felicitarlles o nadal a toda a veciñanza!!! 👪

Graciñas á ANPA Sementeria e ao Concello de Meaño por facelo posible! ✨

OBRADOIROS NADAL

Un ano máis, desfrutamos dos esperados Obradoiros de Nadal 🎄🎅. Como de costume, o alumnado elaborou manualidades do máis orixinais!! 🎨

Moitísimas grazas á ANPA Sementeira polo seu grandísimo traballo!!! 👪✨

20 dic 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras da nosa Biblioteca Raticonto, así como, xogos para desfrutar en familia nestas datas tan especiais!!

Boas lecturas e felices festas!!! 🎅🎄


(Escanea o QR para velas)


14 dic 2025

LUCES, CÁMARA E ACCIÓN!

Durante este 1º trimestre, o alumnado do 3º Ciclo traballou a séptima arte: o CINE 🎬.

Investigou sobre a súa historia, elaborou os seus propios guións, gravou, editou, fixo as súas propias dobraxes, e moito máis!

Unha forma divertida e creativa de aprender usando a linguaxe audiovisual 📹 .

Aquí van algúns dos nosos produtos finais como mostra do gran traballo realizado pola rapazada! Esperamos que vos gusten!!




Aproveitamos ademais para felicitar a Emma Lustres, produtora audiovisual de Vaca Films pola súa medalla de ouro nos Premios Forqué! ORGULLOS@S DO CINE GALEGO!! ✨

10 dic 2025

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Hoxe mércores, 10 de decembro é o Día dos Dereitos Humanos e dende o CEIP Coirón-Dena queremos transmitir a seguinte mensaxe:

“O respecto constrúe paz: coidemos os dereitos de tódalas persoas, xa que, tratar ben aos demais é a base dun mundo máis xusto”.

7 dic 2025

SEMANA DA CONSTITUCIÓN E DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA

Esta semana traballamos dende as titorías a Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia.

O noso alumnado xa coñece o noso himno, que mellor maneira de conmemorar esta festividade? 💙

HIMNO GALEGO

"Os Pinos"

Eduardo Pondal

Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.


DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O pasado mércores, 3 de decembro foi o Día da Diversidade Funcional ♿.

"A DIVERSIDADE NON DIVIDE, SUMA”

Dende o Coirón-Dena traballamos un ano máis este día. Nesta ocasión, fixémolo dende as titorías  a través de contacontos, curtametraxes, dinámicas de grupo, xogos...

Aquí van as nosas recomendacións!!



OBRADOIRO DE GÓSPEL

Un ano máis, o alumnado de 5º e 6º de Primaria desfrutou dun obradoiro de Góspel no que os nenos/as aprenderon un montón sobre este xénero musical 🎵🎶.

De novo, mesturamos as súas raíces afroamericanas coa nosas galegas! Que mestura máis fermosa!! ✨

5 dic 2025

PROPOSTAS MUSICAIS DECEMBRO

Aquí van as propostas musicais para este mes de decembro!!! 🎅🎄

Este NADAL cantade e bailade en GALEGO!!!!! 🎵



PDI INFANTIL

E por fin comezamos coas esperadas exposicións do noso PDI “Rati CreARTe”!!!

Nesta ocasión, foi o turno de Infantil que traballou MÚSICA e DANZA e nos deleitou cunha preciosa representación de “Vivaldi e as súas catro estacións”. 🎵🎶

Parabéns aos nos@s pequen@s artistas pola súa gran actuación!!! 👏


28 nov 2025

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado martes, 25 de novembro foi o Día contra a violencia de xénero 💜.

No Coirón-Dena vimos curtametraxes, lemos contos e ata realizamos os nosos propios, promovendo así a igualdade e unha linguaxe non sexista e libre de estereotipos.

Todas mulleres merecen vivir libres, seguras e sen medo!!! Tod@s contra a violencia!! NINGUNHA MÁIS! 

27 nov 2025

DÍA DA INFANCIA

O pasado xoves, 20 de novembro foi o Día da Infancia e o alumnado do Coirón investigou sobre os seus dereitos 👧👦.

Construamos xunt@s un mundo onde tod@s @s nen@s poidan crecer sendo felices, respectad@s e escoitad@s!!!🌈 Respectar os seus dereitos é cousa de tod@s!! 👪

22 nov 2025

PROXECTO O UNIVERSO

O alumnado de 5º de Primaria realizou unha exposición sobre o sistema solar ao alumnado de 5 anos, xa que comparten proxecto sobre o universo! 🌍🌞🌛

Que experiencia tan enriquecedora!! ✨

MOCHILAS VIAXEIRAS

Comezamos coas Mochilas Viaxeiras!

Iniciamos unha nova aventura chea de aprendizaxes, emocións, momentos e lecturas compartidas 📖.

As mochilas viaxeiras viaxarán cada semana a un fogar diferente, converténdose nun espazo de encontro entre escola e familia 👪.

15 nov 2025

DEGUSTACIÓN FROITOS DO OUTONO

O alumnado de 3 anos degustou froitos secos e carnosos típicos do outono. 🍁🍂

Ummmmmm que bos estaban!!!! 😋

OBRADOIROS MAGOSTO

O mal tempo obrigounos a quedar no cole, pero non impediu que celebrásemos o Magosto por todo o alto! 🍁🍂

Desfrutamos de diversos talleres interniveis por ciclos onde traballamos o Outono e o Magosto: manualidades, baile galego, pandeireta e moito máis!!! 🎵🎶

Ollade que artistas temos en Dena!! 🎨

10 nov 2025

MAGOSTO 2025

Este martes, 11 de novembro, se a meteoroloxía nolo permite, celebraremos o Magosto no parque dos Pasales de Dena 🍁.

Alí, desfrutaremos de xogos populares e tradicionais, música, baile e castañada!!! 🍂

PROPOSTAS MUSICAIS NOVEMBRO

Aquí van as propostas musicais para o mes de novembro!!!! 🍂

Animádevos e ... CANTADE E BAILADE MOITO EN GALEGO!!! 💜



                       

SEGURIDADE VIARIA

O pasado xoves, o alumnado do 5º e 6º de Primaria desfrutou dunha charla do Plan Director sobre seguridade viaria da man da Garda Civil.

Aprendemos a importancia de comportarnos de forma responsable na vía pública, xa sexa como peatón, ciclista, pasaxeiro ou condutor.

A seguridade viaria non só é unha norma, senón un valor que salva vidas, xa que, pequenas accións poden previr grandes accidentes! 

9 nov 2025

TÚNEL DO MEDO

O alumnado, o profesorado e as familias desfrutamos do esperado TÚNEL DO MEDO!!!!! 💀

Foi unha experiencia terrorífica e chea de sustos, pero divertidísima!!!! 👻

Queremos dar as grazas á ANPA Sementeira polo seu gran traballo, esforzo, dedicación e creatividade para facer posible esta actividade tan especial!!! ❤

Foi un Samaín inesquecible!! 🎃

EXPOSICIÓN SAMAÍN

Neste Samaín decoramos cabazas, vasoiras, sombreiros e outras creación para que encheron o cole de maxia e misterio! 🎃👻💀

Moitas grazas a todas as familias e ao noso alumnado por participar e facer que esta exposición fora todo un éxito! ❤

ESTE SAMAÍN FOI DE CINE!!! 🎨🎬🎉

CONTACONTOS SAMAÍN

Un curso máis, desfrutamos de contacontos de Samaín na nosa biblioteca!!! 📓👻

Moitísimas grazas a profe Chus por visitarnos e contarnos contos de medo!! Botámoste moito de menos!! ❤

MERENDOLAS TERRORÍFICAS

Un Samaín máis, desfrutamos de merendolas terroríficas: pantasmas, cabazas, momias, tumbas e moito máis!!! 🎃👻

Moitísimas grazas ás familias pola súa colaboración, esforzo, entusiasmo e creatividade!! 👪 Todo estaba riquísimo!!! 😋

DECORACIÓN SAMAÍN

Un ano máis, no Coirón esforzámonos arreo na decoración de Samaín: portas terroríficas, murais, casas encantadas e moito máis!!! 🎃💀

Todas as nosas portas están basadas en obras de arte:

AULA

OBRA DE ARTE

3 ANOS

“Whimsical Town”- Karla Gerard (2023)

4 ANOS

“A araña riseira”- Odilon Redon (1887)

1ºEP

“Muller, pájaro, estrella”- Joan Miró (1973)

2ºA EP

“Nubes de verán”- Emil Node (1913)

2ºB EP

“A noite estrelada”- Vincent Van Gogh (1889)

3º EP

“A cara da guerra”- Salvador Dalí (1940)

4ºA EP

“American Gothic”- Grant Wood (1930)

4ºB EP

“Cráneo con cigarrillo encendido”- Vincent Van Gogh (1886)

5ºA EP

“A xirafa en llamas”- Salvador Dalí (1937)

5ºB EP

“A cabeza de Medusa”- Caravaggio (1597)

6ºA EP

“O grito”- Edvard Munch (1893)

6ºB EP

“Autorretrato con loro”- Frida Khalo (1942)

INGLÉS 1

“Frida”- Bradley Theodore (2019)

INGLÉS 2

“Street Skull”- Bradley Theodore (2018)

PT

“La Valse Hesitation”- René Magritte (1971)

AL

“Samaín”- Leonora Carrintong (1951)

BIBLIOTECA

“O rato que admiraba a lúa”- Joan Miró (1975)

MÚSICA

“Saturno devorando ao seu fillo”- Francisco de Goya (1823)

RELIXIÓN

“As Meninas”- Diego Velázquez (1656)

XIMNASIO

“Discóbolo”- Mirón de Eléuteras (450 a.C.)

Ollade que creativ@s fomos!!! Ata as presentamos ao Concurso da Asociación Amicos!!  


Animádevos de VOTADE POR ELAS na seguinte ligazón!!!

https://www.facebook.com/share/p/1FqpjS98wr/?mibextid=wwXIfr

5 nov 2025

CINE DE MEDO

O alumnado do 3º Ciclo está a traballar o séptimo arte no PDI, nin máis nin menos que o CINE!! 🎥🎬

Os nenos/as de 5º e 6º de Primaria elaboraron este terrorífico mural que fai homenaxe a todas aquelas películas que nos fixeron gritar de medo! 👽💀

O NOSO MUSEO TERRORÍFICO

No cole de Dena temos grandes artistas!!!!! 🎨

👀 Ollade o arrepiante mural que elaborou o noso alumnado cos seus cadros terroríficos!! 💀🎃👻

27 oct 2025

SAMAÍN 2025

Prepárate para unha xornada chea de medo, diversión e moita maxia! 🕸️✨

Ao longo do día 30 de outubro, o noso alumnado gozará dun terrorífico percorrido polo Túnel do Medo, con diferentes temáticas e sorpresas en cada recuncho 👻. 

Ademais de contacontos e merendolas terroríficas!🎃

🕐 Pases para as familias:
🔹 De 13:45 a 14:00 h.
🔹 De 16:00 a 18:00 h.

Non perdas a oportunidade de vivir o Samaín máis arrepiante do ano! 💀

Moitísimas grazas a ANPA Sementeira pola súa colaboración!!! ❤