30 oct 2024

MARROCOS CHEGA A DENA!

Os alumnos/as de 6º de Primaria ensínalle Marrocos ao resto de alumnado! 

Faláronnos da súa lingua, a súa a bandeira, comida típica, traxe típico, entre moitas cousas máis! 🌍

Que ben o pasamos e cantas cousas aprendemos!!


24 oct 2024

TÚNEL DO MEDO

O vindeiro mércores, 30 de outubro terá lugar no noso colexio o esperado túnel!

Anímate e participa!! Pasaralo de medo!!! 💀


23 oct 2024

UNHA VIAXE POLO SAMAÍN

O alumnado investigou sobre como celebran o Samaín en diferentes lugares do mundo!!

Mirade que mural tan chulo nos quedou!!!! 😍



21 oct 2024

MEGAFONÍA DE OUTUBRO

 Xa está aquí a megafonía de outubro!! 👏

Todos e todas listos/as a cantar e a bailar con música en GALEGO!!! 👏👏

Nesta ocasión, quixemos facer unha mención especial a:

·        MARROCOS, país que estamos a traballar no noso PDI “A voltas con Rati”.

·        Chegada do OUTONO.

·        DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, a través do seu lema “Biblioteca escolar, a escena!”.

·        O SAMAÍN, conmemoración de orixe celta.