26 ene 2026

A PAZ NON SABE DE IDIOMAS

A paz é un desexo universal que une culturas e pobos de todo o mundo. Aínda que se exprese de maneiras distintas, o seu significado é común para todas as persoas.

·  Galego: Paz

·  Español: Paz

·  Inglés: Peace

·  Francés: Paix

·  Italiano: Pace

·  Portugués: Paz

·  Alemán: Frieden

·  Árabe: سلام (Salam)

·  Hebreo: שלום (Shalom)

·  Ruso: Мир (Mir)

·  Chinés: 和平 (Hépíng)

·  Xaponés: 平和 (Heiwa)

·  Coreano: 평화 (Pyeonghwa)

·  Hindi: शांति (Shanti)

·  Sánscrito: शान्तिः (Shāntiḥ)

·  Grego: Ειρήνη (Eiríni)

·  Swahili: Amani

·  Quechua: Kawsaykama (paz / vida en equilibrio)

·  Maorí: Rangimārie

Moitas linguas, unha mesma esperanza: vivir en harmonía! ✨

8 ene 2026

PROPOSTAS MUSICAIS XANEIRO

E que mellor maneira…que comezar o ano… que escoitando música en galego?? 🎵💙🎶

Aquí van as nosas propostas musicais para o 2026!!! 🎉🎊

Esperamos que vos gusten!! 😉

(Pincha ou escanea o QR para acceder á nosa listaxe en Spotify)

26 dic 2025

FESTIVAL DE NADAL

E por fin chegou o gran día, o do Festival de Nadal 2025!!! 🎄🎅

Grazas ao profesorado polo seu traballo, ao alumnado polo seu esforzo e talento e ás familias polo apoio constante! 👪

Desexámosvos unhas Felices Festas e un ano novo cheo de saúde, aprendizaxe, alegría e momentos compartidos!! 🎉

25 dic 2025

DECORACIÓN NADAL

Un ano máis, no Coirón esforzámonos arreo na decoración de Nadal: portas, murais, corredores e moito máis!!! 🎄🎅

Todas as nosas portas están inspiradas en contos típicos destas datas 📕📖📗:

AULA

CONTO

3 ANOS

“A casiña de chocolate”

4 ANOS

“O reno rosmón”

5 ANOS

“A que sabe a lúa?”

1ºEP

“O boneco de neve máxico”

2ºA EP

“O ladrón de neve”

2ºB EP

“Os elfos de Papá Noel”

3º EP

“Como o Grinch roubou o Nadal”

4ºA EP

“As historias de Ventisca e Alegre”

4ºB EP

“O abeto”

5ºA EP

“Onde está Papá Noel?”

5ºB EP

“Nadal de conto”

6ºA EP

“Contos de Nadal”

6ºB EP

“Pesadelo antes de Nadal”

INGLÉS 1

“Christmas Tree Book””

INGLÉS 2

“Contos de Nadal: panxoliñas, lendas e tradicións”

PT

“Un, dous, tres, Nadal é”

AL

“O lobo en calzóns”

BIBLIOTECA

“A House for Christmas Mouse”

RELIXIÓN

“A Historia do Nadal”

XIMNASIO

“O home de xenxibre e a carreira de Aninovo”

A ver se acertades cal é cal? Esperamos que vos gusten!! ✨

23 dic 2025

VISITA PAPÁ NOEL

Papá Noel visitou o Coirón-Dena!!! 🎅 Veu acompañado da súa axudante, unha trasna moi simpática e chegou nin máis nin menos que en pavi-tren!!🚂

Repartiu caramelos a toda a rapaza e puidemos entregarlle as nosas cartas!!✉📪 Como de costume, percorremos Dena para felicitarlles o nadal a toda a veciñanza!!! 👪

Graciñas á ANPA Sementeria e ao Concello de Meaño por facelo posible! ✨

OBRADOIROS NADAL

Un ano máis, desfrutamos dos esperados Obradoiros de Nadal 🎄🎅. Como de costume, o alumnado elaborou manualidades do máis orixinais!! 🎨

Moitísimas grazas á ANPA Sementeira polo seu grandísimo traballo!!! 👪✨

20 dic 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras da nosa Biblioteca Raticonto, así como, xogos para desfrutar en familia nestas datas tan especiais!!

Boas lecturas e felices festas!!! 🎅🎄


(Escanea o QR para velas)