31 may 2025

ROTEIRO CANTAREIRAS

Un ano máis, realizamos o esperado roteiro polos carteis das Letras Galegas. Nin máis nin menos que sobre as nosas cantareiras! 🎶🎵.

Canto aprendemos e canto o desfrutamos!!! 👏💙


👉  Escanea para ver a Unidade Didáctica! 👀

        

26 may 2025

CARTEIS CANTAREIRAS

O alumnado de Infantil realizou estes carteis tan orixinais sobre as nosas cantareiras! 💙 

👀 Mirade que bonitos lles quedaron!! 👏


POLAS NOSAS CANTAREIRAS!

 


O noso alumnado documentouse sobre as cantareiras 🎶🎵 e realizou diferentes traballos (relatos, biografías…).

Aquí vai unha pequena mostra dos mesmos! 📃 Ollade! 👀

Dálle clic! 👉 

https://www.calameo.com/read/0078446135d94500f0e35?authid=9QAnwufitC5W



25 may 2025

AS NOSAS CANTIGAS

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ás cantareiras e ás cantigas galegas 💙.

O noso centro quixo participar desta celebración recollendo cantigas populares entre a familia e a veciñanza do noso alumnado 👪.

Con todas elas fixemos un gran mural e logo faremos o noso propio cancioneiro! 📙





RECURSOS LETRAS GALEGAS

Aquí van algúns recursos cos que traballamos dende as titorías nestas Letras Galegas 2025! 💕


👉 Clicade na ligazón para ver 👀

12 may 2025

MEGAFONÍA DE MAIO

A megafonía deste mes de maio é máis especial ca nunca!! 🎶🎵

Está integramente en galego e fai honra a cantantes e grupos galegos emerxentes, que lle están dando voz a nosa lingua!! 👏💙

RATI VOLVE A GALICIA!

Despois de tanto viaxar polo mundo, Rati decidiu facer unha viaxe polo lugar máis fermoso do mundo 🌍. 

Xa sabedes cal é, verdade? A nosa querida Galicia! 💙



AUSTRALIA Á VISTA!

A nosa querida mascota Rati viaxou ata Australia e os nen@s de 3º de Primaria prepararon unha marabillosa actuación para ensinarnos as cousas máis importantes deste fermoso país 🌏. 

Aprendemos un montón sobre a súa rica flora e fauna, así como, beleza das súas paisaxes! 🌅🌊

Parabéns a todo o alumnado de 3º polo seu traballo! 👌 Grazas por compartir connosco esta experiencia tan inesquecible!! 👏












HERMINIA FARIÑA

Meaño non esquece a súa gran poetisa. Herminia Fariña protagonizou a inauguración da exposición “Mulleres do Salnés” 💜.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/meano/2025/04/25/recordando-herminia-farina-meano/0003_202504A25C59910.htm

No Coirón-Dena tamén a temos sempre moi presente. Formou parte do noso mural de “Galegas Ilutres”.


E, por suposto, foi a gran protagonista no Día da Poesía, o pasado 21 de marzo 📙.



VISITA MIGUEL ANXO ALONSO DIZ

Unha visita máxica con Miguel Anxo Alonso Diz!


O alumnado de segundo ciclo viviu unha xornada chea de fantasía coa visita do escritor Miguel Alonso Diz, autor do libro "Axencia Galega de Asuntos Máxicos".
🧙‍♂️📖

Grazas, Miguel, por facernos crer na maxia das palabras e por compartir con nós a túa paixón polos libros!  📙



VISITA RAMÓN VEIGA

Tivemos o pracer de contar coa visita de Ramón Veiga no noso cole! 

Os nenos e nenas de Infantil e do primeiro ciclo de Primaria coñeceron de preto ao autor de contos tan fermosos como “Chove” ou “Violeta ás agachadas” 📚☔️.

Moitas grazas, Ramón, por regalarnos este momento tan especial e por espertar nas nosas crianzas o amor polos libros! ❤️